Economía de Usbequistán
| Economía de Uzbequistán | |
|---|---|
| Moeda | Som Usbeco |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CEI, OCE |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 86,07 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 75ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 8,2% (2010) |
| PIB per cápita | $ 3100 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 21,2%, industria 32,3%, comercio e servizos 46,4% (2010) |
| Inflación | 15% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 26% (2008) |
| Total da forza de traballo | 16 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 44%, industria 20%, comercio e servizos 36% (1995) |
| Desemprego | 1,1% (2010) |
| Industrias | textis, procesamento de alimentos, construción de máquinas, metalurxía, ouro, petróleo, gas natural, produtos químicos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 13,13 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | Produtos de enerxía, algodón, ouro, fertilizantes minerais, metais ferrosos e non ferrosos, textis, produtos alimentares, maquinaría, automóbiles |
| Principais mercados | Ucraína 29,91%, Rusia 13,94%, Turquía 7,53%, Kazajstán 7,26%, Bangladesh 6,83%, República Popular de China 5,69%, Corea do Sur 4,19% (2009) |
| Importacións | 9,44 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | Maquinaria e equipamentos, alimentos, substancias químicas, metais ferrosos e non ferrosos |
| Principais mercados | Rusia 23,72%, República Popular de China 20,36%, Corea do Sur 13,03%, Alemaña 6,09%, Ucraína 5,39%, Kazajstán 4,68% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 4,236 mil millóns (2010) |
| Receitas | 8.005 millóns |
| Despesas | 8.127 millóns (2008) |
O Usbequistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis de 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. A súa economía estivo orientada desde a súa independencia a unha transición gradual a unha economía de mercado; con todo, o progreso en reformas económicos foi cauteloso e rexistrou algúns logros. Aínda non se eliminou a brecha entre o mercado negro e as taxas de cambio oficiais. O comercio restritivo do réxime e as súas políticas xeralmente intervencionistas seguen tendo efectos na súa economía. Entre as restricións imperantes atópase a capacidade de convertibilidade da moeda e outras medidas gobernamentais para controlar a actividade económica, incluíndo a implementación de severas restricións ás importacións e peches esporádicos das súas fronteiras cos veciños Kazajstán, Quirguicistán e Taxiquistán, os cales levaron a organizacións internacionais a suspender ou dar marcha atrás os créditos proxectos.
O Goberno de Usbequistán, que traballa en estreita colaboración co Fondo Monetario Internacional, realizou considerables progresos na redución da inflación e o déficit orzamentario. A moeda nacional (o Som Usbeco) fíxose convertible en 2003 como parte do programa de estabilización deseñado polo FMI, aínda que seguen existindo algunhas restricións administrativas. A agricultura e a industria manufactureira contribúen igualmente na economía, representando cada un aproximadamente unha cuarta parte do PIB.[3] Actualmente o Usbequistán é 2º maior exportador de algodón do mundo e o 5º produtor mundial[1], aínda que a importancia deste produto declinou significativamente desde a súa independencia. Así mesmo, Usbequistán é un gran produtor de ouro, coa maior mina ao descuberto de ouro no mundo, posúe depósitos substanciais de cobre, minerais estratéxicos, e é tamén grande produtor de ouro e gas natural.