Economía de Tuvalu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Tuvalu | |
|---|---|
| Moeda | dólar tuvalés e dólar australiano |
| Organizacións comerciais de que fai parte | Sparteca |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 14,94 millóns (2002) |
| Posición do PIB | 225ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 3% (2002) |
| PIB per cápita | $ 1.600 (2002) |
| PIB por sector | agricultura 16,6%, industria 27,2%, comercio e servizos 56,2% (2002) |
| Inflación | 3,8% (2006) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 3.615 (2004) |
| Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | pesca, turismo, copra |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1 millón (2004) |
| Produtos de exportación | copra, peixe |
| Principais mercados | Australia (principal) (2005) |
| Importacións | 12,91 millóns (2005) |
| Principais produtos importados | alimentos, minerais, combustibles, máquinas, manufacturados |
| Principais mercados | Australia (principal) (2005) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | dato non dispoñíbel |
| Receitas | 21,54 millóns |
| Despesas | 23,05 millóns (2006) |
Tuvalu é un país pequeno, formado por 9 atols de coral, densamente poboado e cun solo pobre. No tocante á economía de Tuvalu, o país non ten reservas minerais coñecidas, exporta poucos produtos e depende de combustible e alimentos importados[1]. Menos de 1000 turistas por ano visitan o país. As oportunidades de traballo son poucas e o sector público é o maior empregador. Case 15% da poboación masculina traballa en barcos estranxeiros, e a remesa de divisas é unha fonte vital de recursos para a economía, tendo contribuído cuns 2 millóns de dólares o 2007[1].
A moeda do país é o dólar tuvalés, equivalente ó dólar australiano, cunha taxa de cambio de 1,2894 dólares tuvaleses por US$ 1.