Economía de Sri Lanka
| Economía de Sri Lanka | |
|---|---|
| Moeda | Rupia de Sri Lanka |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SAFTA |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 104,7 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 69ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 6,9% (2010) |
| PIB per cápita | $ 4.900 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 12,6%, industria 29,8%, comercio e servizos 57,6% (2010) |
| Inflación | 5,6% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 23% (2008) |
| Total da forza de traballo | 8,1 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 32,7%, industria 26,3%, comercio e servizos 41% (2008) |
| Desemprego | 5,4% (2010) |
| Industrias | procesamento de caucho, té, coco, tabaco e outros produtos agrícolas; telecomunicacións, seguros, bancos; turismo, construción naval, roupas, textis, cemento, rafinaría de petróleo, produtos de tecnoloxías da información, construción civil |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 7 908 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | textis e roupas; té e pimenta; diamantes, esmeraldas, rubís; coco e derivados, manufaturados de caucho, peixe |
| Principais mercados | Estados Unidos 20,59%, Reino Unido 12,87%, Italia 5,51%, Alemaña 5,29%, India 4,54%, Bélxica 4,43% (2009) |
| Importacións | 11,6 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | têxteis, produtos minerais, petróleo, alimentos, máquinas e equipamentos de transporte |
| Principais mercados | India 20,73%, República Popular de China 13,45%, Singapur 7,26%, Irán 6,7%, Corea do Sur 5,23% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 17,97 mil millóns (2010) |
| Receitas | 7 415 millóns (2010) |
| Despesas | 11 180 millóns (2010) |
A economía do Sri Lanka está baseada na exportación de produtos primarios, como grafito, produtos téxtiles, té, coco e caucho. A posición xeográfica da illa, da cal a capital Colombo é un dos portos mais importantes do Océano Índico, sempre foi un grande estímulo da economía.
En 1977 o goberno abandonou as políticas de estatalización e de substitución das exportacións por outras orientadas á economía de mercado e ás exportacións, incluíndose incentivos ao investimento estranxeiro. Poucos anos despois, o 1983, iniciouse unha guerra civil entre as etnias cingalesa e a minoría támil que durou ata o 2009, causando danos importantes na economía do país. Os gastos do goberno en desenvolvemento e no combate aos Tigres de Liberación do Tamil Eelam fixeron con que o PIB crecese case 7% ao ano entre 2006 e 2008[1].
Ata o inicio dos anos 90, o Sri Lanka era o maior exportador mundial de té, e esta guerra fixo que os investimentos no cultivo do té (na maior parte financiados por compañías británicas) caesen ano tras ano. O turismo, a pesar de aínda figurar como unha importante fonte de divisas, tamén sufriu co conflito.