Economía de Senegal
| Economía de Senegal | |
|---|---|
| Moeda | Franco CFA da África Occidental |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 22,38 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 118ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,7% (2009) |
| PIB per cápita | $ 1.600 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 13,8%, industria 23,3%, comercio e servizos 62,9% (2009) |
| Inflación | 0,8% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 54% (2001) |
| Total da forza de traballo | 5.578.000 (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 77,5%, industria %, comercio e servizos 22,5% (2007) |
| Desemprego | 48% (2007) |
| Industrias | procesamento agrícola e de pesca, minaría de fosfato, produción de fertilizante, refino de petróleo, minaría de ferro, zirconio e ouro; materiais de construción, construción e reparo de barcos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1.652 millóns (2009) |
| Produtos de exportación | peixe, cacahuete, derivados de petróleo, fosfato, algodón |
| Principais mercados | Malí 19,2%, India 9,4%, Francia 5,4%, Gambia 5,3%, Italia 4,8% (2008) |
| Importacións | 3.864 millóns (2009) |
| Principais produtos importados | alimentos e bebidas, bens de capital, combustibles |
| Principais mercados | Francia 19,9%, Reino Unido 15,3%, República Popular de China 6,8%, Bélxica 4,6%, Tailandia 4,5%, Países Baixos 4,1% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2.763 millóns (2009) |
| Receitas | 2.431 millóns |
| Despesas | 3 mil millóns |
Logo dunha retracción de 2,1% no crecemento o 1993, en xaneiro de 1994, Senegal adoptou un profundo programa de reforma económica co apoio da comunidade de doadores internacionais. Esta reforma comenzou cunha depreciación de 50% da moeda, o Franco CFA, que se mantiña cunha taxa de cambio fixa en relación ao franco francés. O control gobernamental de prezos e os subsidios foron desmantelados Despois o país sufriu un gran cambio cando o Produto Interior Bruto anual comezou a crecer por encima do 5% entre 1995 e 2004, reducíndose a inflación á metade, desde o 18 ao 8,5 por cento. A economía volveu crecer debido ás reformas económicas, e o país tiven un crecemento sostido de 5% ao ano entre o 1995 e o 2008. A inflación anual caeu a 1 díxito[1].
Como Membro da Unión Económica e Monetaria do Oeste da África (WAEMU), o Senegal ten traballado pola integración económica rexional cunha tarifa externa única e unha política monetaria máis estábel. No entanto, o país ainda depende de doadores internacionais. Baixo o programa do Fondo Monetario Internacional para a débeda dos países pobres, o Senegal beneficiarase da erradicación de dous terzos de súas débedas bilaterais, multilaterais, e do sector privado. A pesca é o sector principal das exportacións senegalesas. As súas receitas atinxiron US$239 millóns en 2000. A industria pesqueira loita contra os altos custos, e o atún senegalés ten perdido o mercado francés para os competidores asiaticos, máis eficientes. As exportacións de fosfatos, o segundo produto da economía, teñen permanecido estábeis, en torno de US$ 95 millóns anuais.
Moeda: Franco CFA (Communaute Financiere Africaine), dividido en 100 céntimos
Taxa de cambio: En 2006, 1 € = 655.82 XOF (Franco CFA), ou 1 XOF = 0.001525 €