Economía de Ruanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Ruanda
Moeda franco ruandés
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana, CEEAC, CAO, COMESA
Datos estatísticos[1]
PIB 15,74 mil millóns (2012)
Posición do PIB 140ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,7% (2012)
PIB per cápita 1 500 (2012)
PIB por sector agricultura 33,3%, industria 13,9%, servizos 52,8% (2012)
Inflación 6,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 44,9% (2011)
Total da forza de traballo 4.446.000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 90%, industria e servizos 10% (2000)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias cemento, produtos agrícolas, bebidas em pequena escala, xabón, móbiles, zapatos, itens de plástico, téxtiles, cigarro
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 451,3 millóns (2012)
Produtos de exportación café, , peles, minério de estaño
Principais mercados Quenia 32,6%, República Democrática do Congo 13,1%, República Popular China 11,7%, Malasia 10,4%, Estados Unidos 5,6%, Suíza 5,2%, Paquistán 4,1% (2012)
Importacións 1 559 millóns (2012)
Principais produtos importados alimentos, máquinas e equipamentos, aceiro, derivados de petróleo, cemento e materiais de construción
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 153 millóns (2012)
Receitas 1 670 millóns (2012)
Despesas 1 873 millóns (2012)
Cultivo de café en Ruanda.

Ruanda é un país pobre con 90% da poboación traballando na agricultura (principalmente de subsistencia)[1]. É o país máis densamente poboado de África, con poucos recursos naturais e minerais de importancia, ademais de sufrir de secas e un pobre desenvolvemento tecnolóxico. Todo isto fai que teña unha dependencia económica significativa con Bélxica. As principais exportacións son o café e o . A minería é a segunda actividade do país, destacando a casiterita, de onde se extrae estaño, ademais de pequenas cantidades de berilio.

O xenocidio de 1994 destruíu a fráxil economía do país e empobreceu severamente a poboación, especialmente as mulleres, ademais de diminuír a capacidade do país en atraer investimentos estranxeiros. A pesar diso, o país fixo progresos significativos en estabilización e na rehabilitación de súa economía a niveis anteriores a 1994. Con todo, o nivel de pobreza actual é máis alto que antes da guerra[1].

Notas[editar | editar a fonte]