Economía de Romanía
| Economía de Romanía | |
|---|---|
| Moeda | Leu romanés |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 256,3 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 44ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -6,9% (2009) |
| PIB per cápita | $ 11.500 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 12,4%, industria 35%, comercio e servizos 52,6% (2009) |
| Inflación | 5% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 25% (2005) |
| Total da forza de traballo | 9,33 millóns (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 29,7%, industria 23,2%, comercio e servizos 47,1% (2006) |
| Desemprego | 7,6% (2009) |
| Industrias | máquinas e equipamentos eléctricos, textis e calzados, montaxe de vehículos e pequenas máquinas, minería, madeira, materiais de construción, metalurxía, produtos químicos, procesamento de alimentos, refino de petróleo |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 38,1 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | téxtiles e calzados, metais e produtos de metal, máquinas e equipamentos, minerías e combustíbeis, produtos químicos e produtos agrícolas |
| Principais mercados | Alemaña 16,3%, Italia 15,4%, Francia 7,3%, Turquía 6,5%, Hungría 5%, Bulgaria 4,1% (2008) |
| Importacións | 49,2 mil millóns (2009) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, combustíbeis e minerías, produtos químicos, téxtiles, metais básicos, produtos agrícolas |
| Principais mercados | Alemaña 16,1%, Italia 11,2%, Hungría 7,3%, Rusia 5,9%, Francia 5,6%, Turquía 4,9%, Austria 4,8%, Casaquistán 4,5%, República Popular de China 4,2% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 95,48 mil millóns (2009) |
| Receitas | 50,78 mil millóns |
| Despesas | 61,51 mil millóns |
Romanía, que ingresou na Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007 comezou súa transición do comunismo ao capitalismo en fins de 1989. Naquela ocasión contaba cunha industria obsoleta e unha produción insuficiente para as necesidades do país[1].
O país saíu dunha recesión de 3 anos de duración o 2000, grazas ás exportacións aos países da UE. O consumo doméstico e os investimentos axudaron o crecemento do PIB en anos recentes, pero tamén resultaron en grandes desequilibrios do balance de pagos[1].
Romanía é un dos principais produtores e exportadores de produtos agrícolas de Europa. Este sector representa o 10% do PIB. Os cultivos ocupan o 40% da superficie do país; os recursos florestais son abundantes e a pesca estase expandindo. Existen xacementos de gas natural e petróleo que aportan unha porcentaxe significativa do consumo diario, pero para cubrir a totalidade da demanda o país está obrigado a importalos, principalmente de Rusia. Para tratar de reducir a dependencia de factores externos, impulsouse a xeración en plantas de enerxía nuclear e hidroeléctrica, e entre ambas clases proporcionan un 45% da enerxía consumida no país.
O sector industrial representa o 35% do PIB, pese a que nos últimos tempos, as instalacións construídas durante a etapa de economía centralizada quedaron obsoletas e as fábricas han que investir masivamente en modernizacións. Os principais sectores son o textil, o siderúrxico, a produción de máquinas e vehículos, de armamento e o procesamento da produción agropecuaria.
Os servizos comprenden o restante 55% do PIB, sendo o turismo o principal contribuinte.
[editar] Historia recente
Após o colapso do Bloque Soviético en 1989-1991, a Romanía foi deixada cunha base industrial obsoleta e un padrón de capacidade industrial totalmente inadecuado ás súas necesidades.
En febreiro de 1997, a Romanía iniciou un abraiante programa de reforma estrutural e estabilización macroeconómica, mais a reforma subsecuentemente ten sido un proceso inconstante. Os programas de reestruturación inclúen liquidar grandes industrias de enerxía intensiva e reformas importantes nos sectores financeiro e agrícola.
A Romanía alcanzou un acordo co FMI en agosto para un préstamo de US$ 547 millóns, mais a liberación da segunda parcela foi engadida en outubro debido as exixencias de préstamo non resolvidas do setor primario e diferencias sobre as despesas orzamentarias.
As prioridades do goberno incluen: obter un préstamo renovado co FMI, apertar as políticas fiscais, acelelar a privatización e reestruturar empresas non lucrativas.
Os anos de 2002 e 2003 foron economicamente exitosos, e actualmente o crecemento do PIB prevese do 4.5% por ano. A economía creceu o 6.6% na primeira metade de 2004, e o 7.0% (ano sobre ano) no segundo trimestre de 2004, marcando a maior taxa de crecemento na rexión. O salario bruto medio por mes na Romanía é de 2200 lei, (datos de outubro de 2007), un aumento de 2.1% sobre o mes anterior. Iso equivale a US$900, 533 Euros. O salario líquido medio por mes en xaneiro de 2007 era de 1748 lei.
O desemprego na Romanía está no 6.1% (2006), valor que é baixo se comparado a outros países europeos.
A pesar das nítidas mellorías, a Romanía aínda enfrenta varios problemas-chave: corrupción elevada en case todos os niveis da sociedade, falta de transparencia a respeito dos gastos públicos, falta de competitividade económica - especialmente no sector agrícola -, un certo grao de desemprego en áreas rurais e ritmo lento de reforma no sector público (pertencendo ao Estado) da economía.
A liberdade de imprensa xeralmente está garantida, mais algunhas presións económicas e administrativas determinan que a media reflita especialmente os aspectos positivos ou neutros da sociedade no canto dos aspectos negativos ou críticas dirixidas ao goberno.
A Romanía recibiu en outubro de 2004 o moi desexado status de "economía de mercado funcional" polos oficiais da UE, con algunhas reservas - relacionadas especialmente aos aspectos mencionados no parágrafo de enriba. Tornouse membro da Unión Europea en 1 de xaneiro de 2007, xunto coa Bulgaria. O país espera adoptar o Euro o 2014.