Economía de Qatar
| Economía de Qatar | |
|---|---|
| Moeda | Rial qatarí |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OPEP |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 189 mil millóns (2012) |
| Posición do PIB | 58ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 6,3% (2012) |
| PIB per cápita | 102 800 (2012) |
| PIB por sector | agricultura 0,1%, industria 77,8%, comercio e servizos 22,1% (2012) |
| Inflación | 1,9% (2012) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 1,43 millóns (2012) |
| Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
| Desemprego | 0,5% (2012) |
| Industrias | {{{Industrias}}} |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 117,7 mil millóns (2012) |
| Produtos de exportación | gas natural liquefeito, produtos de petróleo, fertilizantes, aceiro |
| Principais mercados | Xapón 39,9%, Corea do Sur 19,9%, Singapur 9,9%, India 5,1%, Tailandia 4,9%, EAU 4% (2007) |
| Importacións | 23,49 mil millóns (2012) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, alimentos, produtos químicos |
| Principais mercados | Estados Unidos 13,3%, Italia 10,8%, Xapón 8,9%Francia 7,9%, Alemaña 7,3%, Reino Unido 5,7%, Corea do Sur 5,6%, EAU 5,1%, Arabia Saudí 4,3% (2007) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 137 mil millóns (2012) |
| Receitas | 62,66 mil millóns (2012) |
| Despesas | 51,19 mil millóns (2012) |
O Qatar experimentou un rápido crecemento de súa economía por 8 anos consecutivos ata o 2008 grazas ós altos precios do petróleo. A política económica actual procura atraer investimentos para sectores non petrolíferos[1]. Antes do descubrimento do petróleo a economía do país centrábase na pesca e a recolección de perlas. No entanto, o descubrimento de reservas de petróleo, nos anos 1940, transformou completamente a economía da nación. Agora o país ten un alto nivel de vida, con moitos servizos sociais para os seus cidadáns e todas as comodidades de calquera nación moderna.
O ingreso nacional de Qatar deriva principalmente das exportacións de petróleo e gas natural. As reservas de petróleo do país están estimadas en 15 mil millóns de barrís (2.4 km³). A riqueza e nivel de vida dos seus habitantes son comparables ás de nacións de Europa Occidental.