Economía de Panamá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Panamá
Moeda Balboa e dólar estadounidense
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB 58,02 mil millóns (2012)
Posición do PIB 92ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 10,7% (2012)
PIB per cápita 15 900 (2012)
PIB por sector agricultura 3,8%, industria 17,5%, servizos 78,7%
Inflación 5,7% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.517.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 17%, industria 18,6%, servizos 64,4%
Desemprego 4,4% (2012)
Industrias construción, cervexa, cemento e outros materiais de construción, refino de azucre
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 18,91 mil millóns (2012)
Produtos de exportación ouro, banana, camarón, azucre, residuos de ferro e aceiro, ananás, sandías
Principais mercados Corea do Sur 15,7%, Estados Unidos 14,9%, Xapón 8,3%, Honduras 7,8%, Indonesia 5,9%, Tailandia 5,3% (2012)
Importacións 24,69 mil millóns (2012)
Principais produtos importados combustibles, fármacos, vehículos, cabos e barras de aceio
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 14,2 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Barco no Canal do Panamá.

A economía de Panamá é unha das máis estables, dinámicas e con maior crecemento de América Latina. O ben desenvolvido sector de servizos é responsable por 80% do PIB. Os servizos inclúen o funcionamento do Canle de Panamá, as actividades bancarias, a zona franca de Colón, as actividades de seguro, os portos no Atlántico e no Pacífico, o rexistro de barcos que utilizan a bandeira do país, e o turismo[1]. O crecemento económico será impulsado pola ampliación da Canle de Panamá, que comezou o 2007 e debe ser concluída o 2014 a un custo de 3,5 mil millóns de dólares - aproximadamente 25% do PIB actual. A expansión duplicará a capacidade da canle, permitindo acomodar navíos que son actualmente moi anchos para facer a travesía, e axudará a reducir o desemprego[1].

Sector primario[editar | editar a fonte]

Preto do 9% do chan de Panamá está cultivado. A maior parte da súa produción agrícola obtense en explotacións de carácter comercial e está destinada á exportación. Os principais cultivos e grupos de cultivos —produción de 2006 en toneladas— son: cana de azucre (1,77 millóns); froita (659.283 t), principalmente banana, laranxa; arroz (280.000); millo (70.000); café (13.153) e tomate.

En 2006 a gandería contaba con 1,56 millóns de cabezas de gando vacún, 286.200 de gando porcino e aproximadamente 14,9 millóns de aves de curral.

Os produtos forestais de Panamá están conformados por unha ampla variedade de madeiras. O país conta con reservas forestais considerables, case un 57% do seu chan, ás veces difíciles de explotar debido á mala infraestrutura do transporte. En 2006 a produción anual de madeira era duns 1,35 millóns de m³.

Sectores secundario e terciario[editar | editar a fonte]

A industria de Panamá está basicamente orientada cara á satisfacción da demanda doméstica. O país depende sobre todo do seu conglomerado de servizos de transporte e loxística orientados cara ao comercio mundial, cuxo epicentro é a Canle de Panamá. Ao redor da Canle de Panamá están portos de trasbordo de contedores, zonas francas de comercio, ferrocarril e o máis grande entroncamento aéreo de pasaxeiros de América Latina. Tamén conta co centro financeiro máis grande de América Latina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2020. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).