Economía de Nova Zelandia
| Economía de Nova Zelandia | |
|---|---|
| Moeda | Dólar neozelandés |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, APEC |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 119,2 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 63ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 2,1% (2010) |
| PIB per cápita | $ 28.000 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 4,6%, industria 24%, comercio e servizos 71,4% (2010) |
| Inflación | 2,6% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 2,32 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 7%, industria 19%, comercio e servizos 74% (2006) |
| Desemprego | 6,5%% (2010) |
| Industrias | procesamento de alimentos, produtos de madeira e papel, textis, máquinas, equipamentos de transporte, minería |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 33,24 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | produtos granxeiros, carne, madeira e derivados, peixe, máquinas |
| Principais mercados | Australia 23,36%, Estados Unidos 9,64%, República Popular de China 9,21%, Xapón 7,1%, Reino Unido 4,21% (2009) |
| Importacións | 30,24 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, vehículos e aeronaves, petróleo, electrónicos, textis, plásticos |
| Principais mercados | Australia 18,4%, República Popular de China 15,09%, Estados Unidos 10,45%, Xapón 7,24%, Alemaña 4,16%, Singapur 4,12% (2009) (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 64,33 mil millóns(2010) |
| Receitas | 56,24 mil millóns (2010) |
| Despesas | 62,18 mil millóns |
Durante os últimos 20 anos o goberno transformou a Nova Zelandia dunha economía agraria e dependente do mercado británico nunha economía de mercado máis industrializada que pode competir globalmente. Nova Zelandia encuadrase entre os países desenvolvidos, cun PIB estimado o 2010 en de 119,6 mil millóns de dólares estadounidenses[1]. O país conta cun alto nivel de vida, cun PIB per capita estimado de US$ 28.000. Tamén foi clasificada, no ano 2006, no posto vixésimo no Índice de Desenvolvemento Humano que elabora as Organización das Nacións Unidas.
Un dos principais produtos que exporta o país é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial Australia. Con máis de 10 millóns de cabezas de gando vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interno bruto.
A principios da década dos 70, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea contribuíu a que se producise un estancamento da economía neozelandesa, que tivo que orientarse cara a países de América Latina e Xapón.