Economía de Nixeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Nixeria
Moeda Naira
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana, OPEP
Datos estatísticos[1]
PIB 369,8 mil millóns (2010)
Posición do PIB 32ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6,8% (2010)
PIB per cápita $ 2.400 (2010)
PIB por sector agricultura 31,9%, industria 32,9%, comercio e servizos 35,2% (2010)
Inflación 13,9% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 70% (2007)
Total da forza de traballo 48,33 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 70%, industria 10%, comercio e servizos 20% (1999)
Desemprego 4,9% (2010)
Industrias petróleo cru, carbón, estaño, columbita. Aceite de palma, cacahuete, algodón, caucho, madeira, peles, téxtiles, cemento e outros materiais de construción, alimentos, calzados, produtos químicos, fertilizantes, materiais impresos, cerámica, aceiro, embarcacións pequenas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 76,33 mil millóns (2010)
Produtos de exportación petróleo e derivados 95%, cacao, caucho
Principais mercados Estados Unidos 35,08%, India 10,43%, Brasil 9,32%, España 7,19%, Francia 4,65% (2009)
Importacións 34,18 mil millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas, produtos químicos, equipamentos de transporte, manufacturados, alimentos e animais vivos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 11,02 mil millóns (2010)
Receitas 10,49 mil millóns
Despesas 18,08 mil millóns

Desde que nos anos 60 foi descuberto petróleo, a economía de Nixeria pasou de ser agrícola e pastoril, a industrial.

Características[editar | editar a fonte]

Con 15.600 millóns de barrís en reservas de cru e máis de 3 millóns de m³ de gas natural, é un dos países africanos que máis se desenvolveron. No entanto, a forte dependencia do petróleo e que este atópese en mans de empresas estranxeiras, fai que existan graves desigualdades sociais, mentres a maioría dos nixerianos vive con menos dun dólar americano ao día, existen fortunas creadas co diñeiro do petróleo. A balanza de pagamentos é positiva grazas á exportación de cru que se conduce a través de gasodutos desde o interior ata os portos do Océano Atlántico. Destaca tamén a industria petroquímica, de automóbiles e as refinarías. En canto ao resto da actividade produtiva, só ten certa importancia o cacao, ao que se destina o 50% do chan cultivábel e que é producido para exportación. A agricultura e a gandería ocupan ao 50% da poboación pero apenas si pode abastecer a propia demanda interna.

Desde o 2008 o goberno dá mostras de vontade política de implementar as reformas económicas suxeridas polo Fondo Monetario Internacional, tales como modernizar o sistema bancario, reducir a inflación controlando as demandas salariais, e resolver as disputas rexionais por control das ganancias da industria do petróleo[1].

Notas[editar | editar a fonte]