Economía de Kirguizistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Kirguizistán
Moeda Som kirguiz
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CEI, ECO, EURASEC
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 11,41 mil millóns (2008)
PIB (posición) 141ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 6% (2008)
PIB per cápita US$ 2 100 (2008)
PIB por sector agricultura 32,4%, industria 18,8%, comercio e servizos 49% (2008)
Inflación anual 22,5% (2008)
Poboación abaixo da liña da pobreza 40%[3] (2004)
Total da forza de traballo 2,7 millóns (2000)
% traballadores por sector agricultura 48%, industria 12,5%, comercio e servizos 39,5% (2005)
Desemprego 18% (2008)
Principais industrias pequenas máquinas, téxtiles, procesamento de alimentos, cemento, calzados, madeira serrada, frigoríficos, móbiles, motores eléctricos, ouro, metais de terras raras
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 1 676 millóns f.o.b. (2008)
Principais produtos exportados algodón, la, carne, tabaco, mercurio, ouro, uranio, gas natural, enerxía eléctrica, máquinas, calzados
Principais mercados Rusia 20,7%, Suíza 19,9%, Casaquistán 18%, Afganistán 10,4%, Uzbekistán 7,6%, China 5,5% (2007)
Importacións (US$) 3 476 millóns (2008)
Principais produtos importados petróleo e gas natural, máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos
Principais parceiros Rusia 40,5%, China 14,7%, Casaquistán 12,9%, Uzbekistán 5% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 2 966 millóns (2007)
Receitas (US$) 1 170 millóns
Despesas (US$) 1 192 millóns
Axuda económica recibida (US$) 268,5 millóns, dos Estados Unidos (2005)[3]

A agricultura e a gandaría foron predominantes na economía do Kirguizistán ata que a industrialización promovida por sucesivos gobernos modificou a estrutura económica en case todos os antigos territorios da Unión Soviética. Malia todo, a agricultura e a gandaría constitúen máis da metade do emprego da poboación activa, e ao redor dun 40 por cento do Produto interno bruto. En todo o país, especialmente nas zonas accidentadas, dáse especialmente a gandaría (ovellas, cabalos e bovinos). Nas zonas máis baixas e planas, existe un forte sector agrícola do algodón, e froitas, resultado dunha irrigación extensiva. Tamén se cultivan tabaco, seda e flor de opio.

Actualmente, máis do 20 por cento do PIB do Kirguizistán provén do sector industrial, especialmente relacionado co gran potencial mineiro das súas terras. A extracción mineira de ouro, carbón, antimonio e uranio, entre outros, supuxo un importante acicate para a rápida industrialización. Existen ademais, depósitos de petróleo e gas natural, descubertos recentemente no val de Fergana, pero non conseguen satisfacer a demanda interna. A industria transformadora do coiro, la e carne é relativamente importante.

O goberno fixo un grande esforzo para reducir o déficit fiscal, que case chegou a cero o 2006, antes dun forte aumento das despesas entre 2007-2008[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Central Asia :: Kyrgyzstan". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 2020-02-07. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 22 de abril de 2009. 
  3. 3,0 3,1 http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=191&regionID=3[Ligazón morta]