Economía de Guinea-Bisau
| Economía de Guinea-Bisau | |
|---|---|
| Moeda | Franco CFA da África Occidental |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 1 769 millóns (2010) |
| Posición do PIB | 189ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,8% (2010) |
| PIB per cápita | $ 1100 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 62%, industria 12%, comercio e servizos 26% (1999) |
| Inflación | 3,8% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 632.700 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 82%, industria, comercio e servizos 18% (2000) |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | procesamento de produtos agrícolas, cervexa, bebidas sen alcohol |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 133 millóns (2006) |
| Produtos de exportación | peixe, camarón, castaña de anacardo, cacahuete, palmito, madeira serrada |
| Principais mercados | India 62,21%, Nixeria 31,28%, Portugal 1,48% (2009) |
| Importacións | 200 millóns (2006) |
| Principais produtos importados | alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, derivados de petróleo |
| Principais mercados | Portugal 17,33%, Senegal 13,66%, Países Baixos 9,27%, India 9,11%, Tailandia 5,2%, Brasil 4,49% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 941,5 millóns (2000) |
| Receitas | dato non dispoñíbel |
| Despesas | dato non dispoñíbel |
Un dos países máis pobres do mundo, a economía legal da Guinea-Bisau depende principalmente da agropecuaria e da pesca, pero o narcotráfico é probablemente o tipo de comercio máis rendible[1]. As plantacións de anacardo creceron considerablemente nos últimos anos. O país exporta peixe e froitos do mar así como pequenas cantidades de cacahuete, palmito (corazón de palmeira) e madeira[1].
O arroz é o principal cultivo e alimento básico. Con todo, os combates entre as tropas do goberno apoiadas por Senegal, e unha xunta militar destruíron moito da infraestrutura e causaron gran prexuízo á economía en 1998. A guerra civil levou a unha redución do 28% do produto interno bruto aquel ano, cunha recuperación parcial no período 1999-2002[1]. A produción agrícola caeu algo ao redor de 17% durante o conflito, así como a produción de castañas de anacardo caeron até 30%. Empeorando a situación, o ano 2000 o prezo da castaña caeu 50% no mercado internacional, aumentando a dificultade comezada coa devastación da guerra civil.
En decembro de 2003 o Banco Mundial, o FMI e a UNDP foron forzados a intervir para fornecer auxilio orzamentario de emerxencia nun total de US$ 107 millóns para o ano de 2004, o que representou máis do 80% do orzamento do país[1]. A combinación de perspectivas económicas limitadas, un goberno central débil e dirixido por unha facción e unha posición xeográfica favorable fixeron este país da África Occidental unha escala do narcotráfico cara a Europa[1], utilizando especialmente varias illas deshabitadas do Arquipélago de Bixagós. Estímase que pasen polo país US$ 1 mil millóns en drogas por ano.[3]
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 The World Factbook consultado o 14 de marzo 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
- ↑ Droga retorna à Guiné-Bissau opais.co.mz, 8 de xuño de 2010