Economía de Gana
| Economía de Gana | ||
|---|---|---|
| Moeda | Cedi | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 34,04 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 100ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 6,3% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 1500 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 37,3%, industria 25,3%, comercio e servizos 37,5% (2008) | |
| Inflación anual | 16,4% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 28,5% (2007) | |
| Total da forza de traballo | 11,52 millóns (2008) | |
| % traballadores por sector | agricultura 56%, industria 15%, comercio e servizos 29% (2006) | |
| Desemprego | 11% (2000) | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 5 439 millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais productos exportados | ouro, cacao, madeira, atún, bauxita, aluminio, manganeso, diamante, hortigranxeiros | |
| Principais mercados | Países Baixos 11%, Reino Unido 9%, Francia 6,2%, Estados Unidos 5,9%, Alemaña 4,6%, Bélxica 4,4% (2007) | |
| Importacións (US$) | 9 816 millóns (2008) | |
| Principais productos importados | bens de capital, petróleo, alimentos | |
| Principais parceiros | Nixeria 15,1%, República Popular China 14,9%Reino Unido 5,2%, Estados Unidos 5,1% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 5 697 millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 4 021 millóns | |
| Despesas (US$) | 5 521 millóns (2008) | |
| Axuda económica recebida (US$) | 1 316millóns[3] (2007) | |
Gana é un dos países máis ricos en recursos da África occidental. A economía do país é principalmente agraria. A principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Gana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pimenta negra, ñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.
Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita—O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.
A industria de Gana está relativamente avanzada si compárase con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos textis, de aceiro, pneumáticos, a refinería de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.
O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Gana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.