Economía de Fidxi
| Economía de Fidxi | |
|---|---|
| Moeda | Dólar fidxiano |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Sparteca |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 3 792 millóns (2010) |
| Posición do PIB | 169ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,8% (2010) |
| PIB per cápita | $ 4.300 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 8,9%, industria 13,5%, comercio e servizos 77,6% (2004) |
| Inflación | 4,8% (2007) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 25,5% (1991) |
| Total da forza de traballo | 335.000 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 70%, industria, comercio e servizos 30% (2001) |
| Desemprego | 7,6% (1999) |
| Industrias | turismo, sucre, roupas, copra, ouro, prata, madeira, pequenas industrias domésticas |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1 202 millóns (2006) |
| Produtos de exportación | azucre, roupas, ouro, madeira, peixe, xarope de azucre, aceite de coco |
| Principais mercados | Estados Unidos 15,21%, Australia 12,11%, Reino Unido 11,23%, Samoa 5,39%, Tonga 4,74%, Xapón 4,44% (2009) |
| Importacións | 3 120 millóns (2006) |
| Principais produtos importados | manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, derivados de petróleo, alimentos, produtos químicos |
| Principais mercados | Singapur 27,27%, Australia 19,36%, Nova Zelandia 15,15%, República Popular de China 6,92%, India 5,23%, Tailandia 4,25% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 127 millóns (2004) |
| Receitas | 1 363 millóns (2006) |
| Despesas | 1 376 millóns (2006) |
Fidxi, dotada de recursos florestais, minerais e pesqueiros, é unha das economías máis desenvolvidas do Océano Pacífico, aínda que posúa un vasto sector de subsistencia. As exportacións de azucre, os envíos de diñeiro de seus cidadáns residentes no estranxeiro e unha crecente industria de turismo - que recibe 400 a 500 mil visitantes por ano - son as principais fontes de divisas externas[1]. O procesado de azucre corresponde a un terzo da actividade industrial, pero nos últimos anos enfrontou varios inconvenientes. Os problemas estruturais do sector inclúen o baixo investimento e os pouco claros dereitos de propiedade sobre a terra. A industria do azucre recebeu un acceso especial á Unión Europea, pero poderá ser afectada pola recente decisión de corte de subsidios por parte da UE[1].
Os golpes de estado de 1987 e 2000 afectaron severamente a economía, e o crecemento a longo prazo da economía de Fixi depende en gran medida da súa capacidade para formar unha administración estable e reducir a tensión social. As remesas dos traballadores emigrantes traballando en Kuwait e Iraq aumentaron significativamente a renda per capita.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA - The World Factbook consultado o 7 de marzo 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html