Economía de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Croacia
Moeda kuna
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 79,23 mil millóns (2009)
PIB (posición) 75ª no mundo[2]
% de crecemento PIB -5,2% (2009)
PIB per cápita US$ 17.600 (2009)
PIB por sector agricultura 7%, industria 31,6%, comercio e servizos 61,4% (2009)
Inflación anual 2,4%
Poboación abaixo da liña da pobreza 17% (2008)
Total da forza de traballo 1.196.000 (2009)
% traballadores por sector agricultura 5%, industria 31,3%, comercio e servizos 63,6% (2008)
Desemprego 16,1% (2009)
Principais industrias produtos químicos e plasticos, máquinas e ferramentas, metal fabricado, electrónicos, ferro e aceiro, aluminio, papel e produtos de madeira, materiais de construción, textis, navíos, petróleo refinado, alimentos e bebidas, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 10,57 mil millóns f.o.b. (2009)
Principais productos exportados equipamentos de transporte, máquinas, textis, produtos químicos, alimentos, combustibles
Principais mercados Italia 19,1%, Bosnia e Herzegovina 15,4%, Alemaña 10,8%, Eslovenia 7,8%, Austria 5,8% (2008)
Importacións (US$) 22,1 mil millóns (2009)
Principais productos importados máquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, combustibles e lubrificantes; alimentos
Principais parceiros Italia 16,9%, Alemaña 13,2%, Rusia 10,3%, República Popular de China 6,1%, Eslovenia 5,5%, Austria 4,9% (2008)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 59,4 mil millóns (2009)
Receitas (US$) 20,99 mil millóns
Despesas (US$) 22,35 mil millóns
Ajuda económica recebida (US$) 125,4 millóns (2005)

Unha das máis ricas repúblicas da antiga Iugoslavia, Croacia sufriu seriamente os efectos da guerra civil entre 1991 e 1995. A produción caeu e a economía perdeu as primeiras levas de investimentos que foron dirixidas aos países do Este Europeo logo da caída do Muro de Berlín[1]. A renda per cápita croata no 2004 representaba tan só o 41,6% da renda media da UE (8.960€), as consecuencias desfavorables da guerra dos Balcáns e os reasentamentos étnicos da poboación frearon o desenvolvemento económico.

Entre o 2000 e o 2007 a economía tiven un continuo crecemento anual, entre o 4% e o 6%, sobre todo debido ao crecemento do turismo e da oferta de crédito directo ao consumo[1]. A cidade de Dubrovnik volve estar nos principais destinos dos operadores de turismo internacionais. Entre o 2000 e o 2007, a inflación quedouse baixa e a moeda, kuna, quedou estable[1].

Actualmente, é unha economía que se atopa moi preto do desenvolvemento segundo o Foro Económico Mundial. Xunto á da República de Eslovenia, eran e seguen sendo as nacións máis industrializadas e avanzadas da ex-Iugoslavia. Os principais socios comerciais de Croacia son Italia e Alemaña, cos cales realiza intercambios comerciais que suman máis dun 20% do seu PIB[3].

O país é hoxe un candidato oficial para acceder á Unión Europea, xunto coa República da Macedonia e Turquía. Os seus indicadores macroeeconómicos son mellores que países que xa accederan á UE en 2004. O acceso de Eslovenia á UE e a súa incorporación ó sistema monetario do Euro, son novas esperanzadoras para a segunda economía máis estable da ex-Iugoslavia. De tódolos xeitos, o comisario encargado da ampliación Olli Rehn, dixo que ningún novo país se incorporaría á Unión tras Romanía e Bulgaria ata o 2010. As maiores trabas son a política agraria e o libre movemento de persoas e capitais, consecuencias do pasado comunista croata.

Notas [editar]