Economía de Costa do Marfil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Costa do Marfil
Moeda Franco CFA da África Occidental
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana, ECOWAS
Datos estatísticos[1]
PIB 36,07 mil millóns (2011)
Posición do PIB 104ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -4,7% (2011)
PIB per cápita $ 1.600 (2011)
PIB por sector agricultura 30%, industria 21%, comercio e servizos 49% (2011)
Inflación 5,1% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 8764000 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 68%, industria, comercio e servizos 32% (2007)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias alimentos, bebidas, produtos de madeira, refino de petróleo, minería de ouro, montaxe de ómnibus e camións, téxtiles, fertilizantes, materiais de construción, electricidade
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 11,4 mil millóns (2011)
Produtos de exportación cacao, café, madeira bruta, petróleo, algodón, banana, piña, aceite de palma, peixe
Principais mercados Países Baixos 11,3%, Estados Unidos 11,2%, Alemaña 7,2%, Nixeria 5,9%, Canadá 5,8%, Francia 5,8%, Suráfrica 5,3% (2011)
Importacións 7 911 millóns (2011)
Principais produtos importados combustibles, bens de capital, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 8 539 millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Costa do Marfil é unha economía de mercado moi dependente da agricultura e actividades relacionadas, responsables polo 68% dos empregos.[1] Costa do Marfil é o principal produtor e exportador de cacao e tamén importante produtor de café e aceite de palma.[1] Por esta razón, a economía é moi dependente dos prezos internacionais destes produtos e de factores climáticos. Cacao, petróleo, café e tamén o ouro son os principais produtos de exportación.[1]

Despois do final da guerra civil o 2003, a inestabilidade política continuou a afectar a economía, resultando a caída o investimento estranxeiro e do crecemento económico. O PIB creceu arriba dos 2% o 2008 e aproximadamente 4% entre 2009 e 2010.[1] A renda per capita caeu 15% desde 1999 pero sufriu mellora entre 2009 e 2010.[1]

Dende o 2006 o petróleo e o gas natural tornáronse máis importantes na súa pauta de exportacións que o cacao. De acordo co Fondo Monetario Internacional as receitas co petróleo e os seus derivados superaron os 1,3 mil millóns de dólares o 2006.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).