Economía de Cambodja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Cambodja
Moeda riel cambodjano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, ASEAN, AFTA
Datos estatísticos[1]
PIB 36,54 mil millóns (2012)
Posición do PIB 108ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,3% (2012)
PIB per cápita 2 400 (2012)
PIB por sector agricultura 35,7%, industria 23,9%, servizos 40,4% (2012)
Inflación 2,9% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 20% (2012)
Total da forza de traballo 7.900.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 55,8%, industria 16,9%, servizos 27,3% (2010)
Desemprego 0% (2011)
Industrias Turismo, roupa s, construcción, beneficiamento de arroz, pesca, madeira e produtos de madeira, caucho, cemento, minería de xemas, téxtiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 6 016 millóns (2012)
Produtos de exportación roupas, madeira, caucho, arroz, peixe, tabaco, calzados
Principais mercados Estados Unidos 32.6%, Reino Unido 8.3%, Alemaña 7.7%, Canadá 7.7%, Singapur 6.6%, Vietnam 5.7%, Xapón 4.7% (2012)
Importacións 7 965 millóns (2012)
Principais produtos importados produtos petrolíferos, tabaco, ouro, materiais de construción, maquinaria, vehículos motorizados, fármacos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 567 millóns (2012)
Receitas 2 410 millóns (2012)
Despesas 2 817 millóns (2012)

A economía de Cambodja, experimentou un rápido progreso económico na última década. A renda per cápita, a pesar de crecer rapidamente, é baixa en comparación coa maioría dos países veciños. Desde 2004 as industrias do vestiario, construción, agricultura e o turismo ten conducido o crecemento do país[1]. O PIB creceu máis de 6% ó ano entre 2010 e 2012[1]. A fabricación de roupas emprega actualmente máis de 400 mil persoas e responde por 70% das exportacións do país[1].

A principal actividade doméstica da que a maioría de fogares rurais dependen é a agricultura e a relacionada cos sub-sectores. A produción manufatureira é variada, pero non moi extensa, e levan a cabo principalmente de forma artesanal e informal. O sector de servizos está fortemente concentrado nas actividades comerciais e os servizos relacionados con alimentación.

A economía nos anos 1990[editar | editar a fonte]

Durante 1995, o goberno implementou políticas firmes de estabilización en circunstancias difíciles. En xeral, o desempeño macroeconómico era bo. O crecemento en 1995 estímase nun 7% debido a unha mellor produción agrícola (arroz, en particular). O forte crecemento da construción e os servizos continuaron. A inflación reduciuse do 26% en 1994 a só o 6% en 1995. As importacións aumentaron como consecuencia da dispoñibilidade de financiamento externo. As exportacións tamén aumentaron, debido a un aumento nas exportacións de madeira. Con respecto ao orzamento, tanto o déficit actual como o xeneral foron menores do inicialmente apuntado.

Despois de catro anos de sólido desempeño macroeconómico, a economía de Cambodja detívose entre 1997 e 1998 debido a unha crise económica rexional, a violencia civil e as loitas políticas internas. En 1999, logo de 30 anos consecutivos de guerra, a economía do país progresou grazas a reformas realizadas, obtendo a finais daquel ano un crecemento do 5%.

A economía despois do ano 2000[editar | editar a fonte]

Malia as severas inundacións, o PIB creceu o 5% o ano 2000, o 6,3 % en 2001 e o 5,2 % en 2002. Entre 2004 e 2008 a economía creceu en media 10% ao ano[1].

En 2005 atopáronse depósitos de petróleo explotabades baixo as augas territoriais do Cambodja, o que representará un fluxo de ingresos potencial para o goberno, se a extracción comercial pasar a ser viable. A minería tamén está atraendo algún interese dos investidores e o goberno ten presentado oportunidades de minería de bauxita, ouro, ferro e pedras preciosas[1].

O turismo foi a industria de maior crecemento en Cambodja a partir do ano 2000. Dos 154.000 estranxeiros que visitaron o país en 1993, pasouse a 1.700.000 en 2005, un 20% máis que o ano anterior. Gastaron mil 1.400 millóns de dólares, é dicir o dobre do que o goberno recibe polos impostos. A partir de 2007 entraron máis de 2 millóns de dólares por ano grazas ó turismo, alcanzandose máis de 3 millóns de visitantes en 2012[1]. Con todo, Cambodja segue sendo un dos países máis pobres de Asia e o desenvolvemento económico de longo prazo segue sendo un grande desafío, inibido pola corrupción endémica, polas limitadas oportunidades de educación, alta desigualdade de renda, e escasas perspectivas de emprego. Preto de 4 millóns de persoas viven con menos de US$ 1,25 por día, e un 37% dos nenos cambodjanos con idade inferior a 5 anos padecen desnutrición crónica[1].

Máis de 50% da poboación do país ten menos de 25 anos de idade[1]. A poboación carece de educación e habilidades produtivas, especialmente na empobrecida zona rural, que tamén carece de infraestrutura básica[1]. O Goberno cambodjano está a traballar con doadores bilaterais e multilaterais, incluíndo o Banco Asiático de Desenvolvemento, o Banco Mundial e o FMI, para tratar das moitas necesidades prementes do país. Máis de 50% do orzamento do goberno vén de asistencia dos organismos doadores[1].

O gran desafío económico para o Cambodja durante a próxima década será formar un ambiente económico en que o sector privado poida crear emprego suficientes para a crecente poboación do país.[1]

Notas[editar | editar a fonte]