Economía de Cabo Verde
| Economía de Cabo Verde | |
|---|---|
| Moeda | Escudo caboverdiano |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 1 861 millóns (2010) |
| Posición do PIB | 186ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 4,5% (2010) |
| PIB per cápita | $ 3.700 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 9%, industria 16,2%, comercio e servizos 74,8% (2010) |
| Inflación | 2,5% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 30% (2000) |
| Total da forza de traballo | 196.100 (2007) |
| Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
| Desemprego | 21% (2010) |
| Industrias | alimentos e bebidas, procesamento de peixe, zapatos e roupas, extracción de sal, reparación de barcos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 114 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | combustibles, calzados, roupas, peixe, peles |
| Principais mercados | España 53,98%, Portugal 22,23%, Marrocos 7,13% (2009) |
| Importacións | 858 millóns (2010) |
| Principais produtos importados | alimentos, produtos industriais, equipamentos de transporte, combustíveis |
| Principais mercados | Portugal 44,86%, Países Baixos 15,51%, España 6,1%, Italia 4,46%, Brasil 4,21% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 325 millóns (2002) |
| Receitas | 520,7 millóns |
| Despesas | 680,8 millóns |
O arquipélago de Cabo Verde ten escasos recursos naturais, incluíndo auga, que é agravada polas prolongadas secas. A economía é baseada en servizos, co turismo, o transporte e os servizos públicos respondendo por 3/4 do produto interno bruto[1]. Malia case 70% da poboación vivir na zona rural, a agricultura e a gandería son pouco desenvolvidas e teñen pequena participación no PIB. Preto de 82% dos alimentos teñen que ser importados. O potencial da pesca, principalmente lagosta e atún non é completamente explorado[1].
O país ten anualmente un gran déficit comercial, financiado pola axuda internacional e polos moitos emigrantes esparcidos polo mundo, que contribúen con remesas financeiras que complementan o PIB en máis do 20%. O turismo é outra fonte de receitas importante, contribuíndo con máis do 10% dos 820 millóns de Euros do PIB de Cabo Verde o ano de 2005[3].
A pesar da escaseza de recursos, unha eficiente xestión da economía produciu unha mellora das receitas do país. Reformas económicas continuadas estimularon o sector privado e atraído investimento estranxeiro para diversificar a economía. As perspectivas futuras dependen enormemente do mantemento dos fluxos de axuda, do estímulo ao turismo, ás remisións dos emigrantes e ao resultado dos programas de desenvolvemento do goberno. O país fíxose membro da Organización Mundial do Comercio en xullo de 2008[1].
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The World Factbook. Consultado o 4 de abril de 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
- ↑ INE 2005