Economía de Burquina Faso
| Economía de Burquina Faso | ||
|---|---|---|
| Moeda | Franco CFA | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 17,82 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 128ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 4,5% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 1200 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 29,1%, industria 19,9%, comercio e servizos 51% (2008) | |
| Inflación anual | 7,3% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 46,4% (2004) | |
| Total da forza de traballo | 5 millóns (2003) | |
| % traballadores por sector | agricultura 90%, industria %, comercio e servizos 10% (2000) | |
| Desemprego | 77% (2004) | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 809 millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais productos exportados | algodón, animais vivos, ouro | |
| Principais mercados | República Popular de China 29,6%Singapur 5,7%, Tailandia 7,2%, Gana 6,4%, Níxer 4,8% (2007) | |
| Importacións (US$) | 1 665 millóns (2008) | |
| Principais productos importados | bens de capital, alimentos, petróleo | |
| Principais parceiros | Costa do Marfil 25,8%, Francia 20,6%, Togo 7,1% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 1,33 mil millóns (2007) | |
| Receitas (US$) | 1 799 millóns | |
| Despesas (US$) | 2 337 millóns (2008) | |
| Axuda económica recebida (US$) | 659,6 millóns[3] (2005) | |
Un dos países máis pobres do mundo, o Burquina Faso ten poucos recursos naturais e unha fraca industria. Cun PIB per cápita de US$ 1200 é a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con países como a República do Congo e o Taxiquistán[4].
Uns 90% da poboación viven da agricultura, que é vulnerable às secas[1]. O seu alto índice de crecemento poboacional xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A agricultura representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 92% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de sorgo, feixón, millo, cacahuete, arroz e algodón.
A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burquina Faso que viven en Costa do Marfil. De acordo a información do Banco Central dos Estados da África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de francos CFA a Burquina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de Gana en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de migrantes. A crise máis recente ocorreu no 2003 en Costa do Marfil, e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.
Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional. A Unión Europea (UE) é o principal socio comercial de Burquina Faso.
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/uv.html#top
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
- ↑ http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=81®ionID=5
- ↑ CIA World Factbook, GDP Per Capita Rank Order