Economía de Botsuana
| Economía de Botsuana | ||
|---|---|---|
| Moeda | pula | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Union Africana, SADC | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 24,14 mil millóns (2009) | |
| PIB (posición) | 111ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | -12% (2009) | |
| PIB per cápita | US$ 12.100 (2009) | |
| PIB por sector | agricultura 1,6%, industria 52,6%, comercio e servizos 45,8% (2008) | |
| Inflación anual | 7,3% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 30,3% (2003) | |
| Total da forza de traballo | 685.300 (2007) | |
| % traballadores por sector | dato non dispoñíbel | |
| Desemprego | 7,5% (2009) | |
| Principais industrias | diamantes, cobre, níquel, sal mariño, carbonato de sodio, potasa, procesamento de produtos animais, téxtiles | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 2 963 millóns f.o.b. (2009) | |
| Principais produtos exportados | diamantes, cobre, níquel, carbonato de sodio, carne, téxtiles | |
| Principais mercados | AELC 87%, África do Sur, Lesoto, Suacilandia e Namibia 7%, Cimbabue 4% (2006) | |
| Importacións (US$) | 3 671 millóns (2009) | |
| Principais produtos importados | alimentos, máquinas, equipamentos eléctricos, equipamentos de transporte, téxtiles, combustibles e derivados de petróleo, produtos de madeira e papel, metais e produtos de metais | |
| Principais parceiros | África do Sur, Namibia, Lesoto e Suacilandia 74%, AELC 17%, Cimbabue 4% (2006) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 1 651 millóns (2009) | |
| Receitas (US$) | 2 675 millóns | |
| Despesas (US$) | 3 868 millóns (2009) | |
| Axuda económica recibida (US$) | 70,89 millóns (2005)[3] | |
Botsuana é o terceiro produtor mundial de diamantes. O país ten unha economía de libre mercado. Entre 1987 e 1997 experimentou un crecemento medio do 7,3%, sendo unha das economías con máis alta taxa de crecemento do mundo. Entre 2006 e 2008 seu PIB creceu abaixo dos 5%, e o 2009 contraeuse fortemente, cunha caída da industria de case 30%[1]. A través dunha disciplina fiscal e unha eficiente xestión, o país transformouse dun dos máis pobres do mundo nunha economía de renda mediana, cun PIB per cápita de U$ 14.100 o 2008. Dous importantes bancos de investimento clasificaron o país como un dos mellores en términos de risco de crédito en África[1].
A minería de diamante axudou a expansión económica e actualmente representa máis de 1/3 do produto interno bruto, entre o 70 e o 80% das exportacións e preto de metade das rendas do goberno[1]. A súa renda per cápita aumentou de 7.800 dólares en 1997 para case o dobro, 14 700 dólares o 2007.A grande dependencia do país dun único produto de luxo nas súas exportacións foi un factor crítico na forte retracción económica o 2009. Outros sectores de importancia son o turismo, os servizos financeiros e a gandería de subsistencia.
A pesar do desemprego ser, segundo datos oficiais, soamente o 7,5% da forza de traballo o 2007, estimativas non oficiais dan conta de case 40%[1]. Os índices de infección polo VIH están entre os máis elevados do mundo, e ameazan as impresionantes ganancias económicas do país. Tamén se espera unha retracción da produción de diamantes nas próximas dúas décadas, o que pode significar unha forte redución do crecemento en longo prazo.
O seu maior socio comercial é Suráfrica.
Notas [editar]