Economía de Bosnia e Hercegovina
| Economía de Bosnia e Hercegovina | ||
|---|---|---|
| Moeda | marco convertible | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | CEFTA | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 29,9 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 105ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 5,6% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 6 500 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 10,2%, industria 23,9%, comercio e servizos 66% (2006) | |
| Inflación anual | 8% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 25% (2004) | |
| Total da forza de traballo | 1 196 000 (2007) | |
| % traballadores por sector | agricultura 19,8%, industria 32,6%, comercio e servizos 47,6% (2007) | |
| Desemprego | 29% (2007) | |
| Principais industrias | aceiro, carbón, minerio de ferro, chumbo, zinc, manganeso, bauxita, montaxen de vehículos, textis, produtos de tabaco, móbiles de madeira, montaxen de tanques e avións, utensilios domésticos, refino de petróleo | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 5 092 millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais productos exportados | metais, roupas, produtos de madeira | |
| Principais mercados | Croacia 21%, Eslovenia 16,5%, Italia 16,1%, Alemaña 13,3%, Austria 9,6%, Hungría 5,7% (2007) | |
| Importacións (US$) | 11 940 millóns (2008) | |
| Principais productos importados | máquinas e equipamenos, produtos químicos, combustibles, alimentos | |
| Principais parceiros | Croacia 24,7%, Eslovenia 13,3%, Alemaña 13,1%, Italia 10,4%, Austria 7%, Turquía 6,5%, Hungría 5,4% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 8 353 millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 8 607 millóns | |
| Despesas (US$) | 8 962 millóns (2008) | |
| Ajuda económica recebida (US$) | 546,1 millóns[3] (2005) | |
Coa guerra civil entre o 1992 e o 1995 a produción da Bosnia e Hercegovina caeu 80%, o desemprego elevouse, subsistindo a maior parte da poboación grazas á axuda humanitaria do exterior. Ao deterioro da economía uniuse o bloqueo económico por parte de países veciños como Serbia e Croacia. Coa paz, a produción recuperouse fortemente entre o 1996 e o 1999. Entre o 2003 e o 2008 o crecemento da economía superou 5% ao ano[1]. O país aínda é unha das ex repúblicas máis pobres da antiga Iugoslavia.
O marco convertible é a moeda do país dende o 1998. A súa paridade co euro é de 0,51129 EUR por 1 BAM (é dicir 1 EUR = 1,95583 BAM), a mesma que se fixou co antigo marco alemán coa aparición do euro.
A confianza no sector bancario ten crecido, así como o sector privado e o investimento estranxeiro, pero o gasto do goberno sitúase no patamar de 40% do produto interno bruto, debido á redundancia das accións públicas en nivel nacional e municipal. Un grande déficit público e o alto desemprego son os principais problemas macroeconómicos[1].