Economía de Alxeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Alxeria
Moeda dinar alxeriano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC (observador), OPEP, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 263,3 mil millóns (2011)
Posición do PIB 49ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,4% (2011)
PIB per cápita $ 7.300 (2011)
PIB por sector agricultura 8,9%, industria 62%, comercio e servizos 29,1% (2011)
Inflación 4,5% (2011)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 11,04 millóns (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 14%, industria 13,4%, construción e obras públicas 10%, comercio 14,6%, goberno 32%, outros 16% (2003)
Desemprego 10% (2003)
Industrias petróleo, gas natural, industrias leves, minería, electricidade, petroquímica, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 72,88 mil millóns (2011)
Produtos de exportación petróleo, gas natural e derivados de petróleo 97%
Principais mercados Estados Unidos 20,6%, Italia 14,2%, España 9,8%, Francia 8,9%, Países Baixos 6,7%, Canadá 6,1%, Brasil 4,4% (2011) (2011)
Importacións 44,94 mil millóns (2011)
Principais produtos importados bens de capital, alimentos, bens de consumo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 661 millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Os principais recursos económicos de Alxeria son petróleo, gas natural, ferro, zinc, prata, cobre e fosfatos. Uns 25% da poboación activa dedícase á agricultura e a pesca. A economía creceu un 6% no ano 2005. A taxa de desemprego é do 17,1% (2005). O Estado domina a maioría dos sectores económicos do país, a pesar dunha gradual liberación desde mediados da década de 1990 ter aberto a economía ó sector privado interno e estranxeiro.[1]

Os combustibles sólidos son a principal fonte de ingresos de Alxeria, representando aproximadamente un 60% das rendas do estado, un 30% do PIB, e un 98% dos ingresos da exportación en 2006. Na clasificación dos países con maiores reservas de petróleo, o país ocupa a posición número 14, almacenando uns 11.800 millóns de barrís de cru, pero se considera que a cantidade actual das reservas é ata superior. A Administración de Información da Enerxía dos Estados Unidos informou en xaneiro de 2007 Alxeria tiña unhas reservas probadas de 161,7 billóns de pés cúbicos de gas natural, o oitavo país do mundo con maiores reservas deste combustible.

Ministerio de facenda.
Campos de trigo, Guelma, Alxeria

Os indicadores económicos e financeiros melloraron a mediados dos anos 1990, debido en parte ás reformas políticas apoiadas polo Fondo Monetario Internacional, e unha renegociación da débeda externa co Club de París. A economía de Alxeria beneficiouse en 2000 e 2001 do incremento que sufriu o prezo do cru, e da axustada política fiscal levada a cabo polo goberno, dando como resultado un grande incremento dos beneficios no comercio, marcas elevadas nos intercambios comerciais, e unha redución da débeda. Con todo, os continuos esforzos do goberno por diversificar a economía, atraer os investimentos, e aumentar o nivel de vida dos cidadáns tiveron pouco éxito. En 2001, o goberno asinou un tratado de asociación coa Unión Europea que lle suporía menores tarifas e que permitiría aumentar o comercio. En marzo de 2006, Rusia aceptou perdoar 4.740 millóns de dólares estadounidenses de débeda da época soviética durante unha visita do presidente Vladimir Putin ao país, a primeira que realizaba un líder ruso no medio século. En compensación, o presidente alxeriano Bouteflika accedeu a comprar avións de combate rusos, defensas antiaereas e outras armas por valor de 7.500 millóns de dólares, segundo a axencia rusa Rosoboronexport.

Alxeria decidiu en 2006 pagar a débeda que tiña co Club de París antes do estipulado, e que ascendía a 8 mil millóns de dólares. Isto reduciu a débeda externa de Alxeria a valores por baixo de 5 mil millóns de dólare a finais de 2006.

Agricultura[editar | editar a fonte]

Desde tempos dos romanos, Alxeria destacou pola fertilidade do seu chan, aínda que tan só o 9,4% da poboación traballa na agricultura.

A mediados do século XIX cultiváronse grandes cantidades de algodón coincidindo coa guerra civil estadounidense, pero a súa industria sufriu un retroceso. A principios do século XX fixéronse esforzos para retomar o cultivo desta planta. Unha pequena cantidade de algodón cultívase nos oasis do sur. Prodúcense grandes cantidades dunha fibra vexetal, feita das follas de palmeira anana. Outros cultivos importantes son as oliveiras e o tabaco.

Para o cultivo de cereais empréganse máis de 30.000 km². A zona do Tell é a de maior extensión de cultivo de cereais. Durante a época de ocupación francesa, a súa produtividade viuse incrementada substancialmente grazas aos pozos artesianos. Os principais cereais son o trigo, a cebada e a avena sativa. Expórtanse unha gran variedade de froitas e verduras, especialmente cítricos, así como tamén figos, dátil, fibra de esparto e cortiza. Alxeria é o maior mercado de África de avena sativa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 4 de decembro de 2012. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).