Economía da Venezuela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Venezuela | |
|---|---|
| Moeda | Bolívar Venezolano |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unasur, Mercosur |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 350,1 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 33ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -2,9% (2009) |
| PIB per cápita | $ 13.100 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 4%, industria 34,6%, comercio e servizos 61,4% (2009) |
| Inflación | 27,1% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 37,9% (2005) |
| Total da forza de traballo | 12,67 millóns (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 13%, industria 23%, comercio e servizos 64% (1997) |
| Desemprego | 10,9%% (2009) |
| Industrias | petróleo, materiais de construción, procesamento de alimentos, téxtiles; minería de ferro, aceiro, aluminio; montaxe de vehículos automotores |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 51,99 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | petróleo, bauxita e aluminio, aceiro, produtos químicos, produtos agrícolas, manufaturados básicos |
| Principais mercados | Estados Unidos 39,8%, Antillas Neerlandesas 7,6%, República Popular de China 4,6% (2008) |
| Importacións | 41,04 mil millóns (2009) |
| Principais produtos importados | matérias primas, máquinas e equipamentos, equipamentos de transporte, materiais de construción |
| Principais mercados | Estados Unidos 26,1%, Colombia 12,6%, Brasil 10,7%, República Popular de China 6,9%, México 4,8% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 43,41 mil millóns(2009) |
| Receitas | 65,14 mil millóns |
| Despesas | 92,04 mil millóns |
A economía da Venezuela é a quinta máis grande da América Latina, despois do Brasil, México, Arxentina e Colombia[3]. O país continúa moi dependente do petróleo que responde por uns 90% de súas exportacións, por máis de 50% das receitas federais e uns 30% do PIB. As elevadas receitas cos altos prezos do petróleo axudaron o goberno a gastar para aumentar o PIB uns 10% o 2006, 8% o 2007 e case 5% o 2008 antes que a recesión global producise unha retracción o 2009[1]. O aumento das receitas, combinado cun aumento do salario mínimo e cun acceso ao crédito para as familias propiciou un aumento do consumo no país, acompañado do crecemento da inflación, que ultrapasou os 20% en 2007.