Economía da Suíza
| Economía de Suíza | |
|---|---|
| Moeda | franco suízo |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, EFTA, JEC |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 317 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 38ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -1,5% (2009) |
| PIB per cápita | $ 41.700 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 1,2%, industria 27,5%, comercio e servizos 71,2% (2006) |
| Inflación | 0,1% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 7,4% (2009) |
| Total da forza de traballo | 4,28 millóns (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 3,8%, industria 23,9%, comercio e servizos 72,3% (2009) |
| Desemprego | 4,4% (2010) |
| Industrias | máquinas, produtos químicos, reloxos, téxtiles, instrumentos de precisión, turismo, bancos e seguros |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 190,1 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | máquinas, produtos químicos, metais, reloxos, produtos agrícolas |
| Principais mercados | Alemaña 19,7%, Estados Unidos 9,6%, Italia 8,7%, Francia 8,6%, Reino Unido 5,2% (2008) |
| Importacións | 177,2 mil millóns (2009) |
| Principais produtos importados | máquinas, produtos químicos, vehículos, metais, produtos agrícolas, téxtiles |
| Principais mercados | Alemaña 33,3%, Italia 11%, Francia 9,4%, Estados Unidos 5,8%, Países Baixos 4,5% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 1 339 mil millóns (2009) |
| Receitas | 151,5 mil millóns |
| Despesas | 150 mil millóns (2009) |
A Suíza é unha próspera e estábel economía moderna de mercado cun PIB per cápita maior que o das grandes economías da Europa occidental. Nos últimos anos, os suízos teñen axustado grandemente as súas prácticas económicas coas da Unión Europea para aumentar a súa competitividade internacional. Aínda que o país non estea á procura de ser membro pleno da UE a curto prazo, Berna e Bruxelas asinaran acordos para unha maior liberalización comercial en 1999. Eles continúan a discutir outras áreas de cooperación. Mentres, a Suíza é membro da Asociación Europea de Libre Comercio.
O país segue sendo un porto seguro para investidores, por ter mantido un grao de sixilo bancario e por manter elevado o valor externo de longo prazo do franco. A taxa de crecemento do PIB caeu para o 0,8% en 2001, para 0,2% en 2002, e para -0,3% en 2003. En 2004 e 2005 subiu para 1,8%. Aínda así a súa taxa de desemprego é menos que metade da media da Unión Europea.