Economía da Serra Leoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Serra Leoa
Moeda leone
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 8 376 millóns (2012)
Posición do PIB 155ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 21,3% (2012)
PIB per cápita $ 1 400 (2012)
PIB por sector agricultura 43,2%, industria 37,4%, comercio e servizos 19,3% (2012)
Inflación 12,6% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2.207.000 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego dato non dispoñíbel
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1 168 millóns (2012)
Produtos de exportación diamante, rútilo, cacao, café, peixe
Principais mercados Bélxica 28,8%, Romanía 12,5%, Países Baixos 9,2%, República Popular da China 7,3%, Estados Unidos 6,9%, Turquía 6%, Reino Unido 5,8% (2011)
Importacións 1 675 millóns (2012)
Principais produtos importados produtos alimentícios, máquinas e equipamentos, combustibles e lubrificantes, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 827,6 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Serra Leoa é unha nación moi pobre con inmensa desigualdade na distribución de renda. A pesar de ter importantes recursos minerais, agrícolas e de pesca a súa infraestrutura física e social non é desenvolvida, e disturbios sociais continúan a dificultar o desenvolvemento económico[1]. Preto de dous terzos da poboación en idade de traballar vive da agricultura de subsistencia. A industria redúcese ao procesado de materias primas e á industria lixeira dirixida ao mercado doméstico.

Hai plans para reabrir as minas de bauxita e rútilo pechadas durante o conflito. A maior fonte de divisas para o país é a extracción de diamantes. Ademais, a partir de agosto de 2003 abríronse as augas territoriais do país, divididas en sete bloques, á exploración de hidrocarburos. O futuro da economía depende en boa medida do éxito destes traballos, do mantemento da paz interna e a continuación da recepción dunha considerable axuda do exterior, que non se poderá estender indefinidamente.

Esta é unha tabela que mostra o crecemento do produto interno bruto de Serra Leoa, en millóns de leones, do 1965 ó 2000[3]:

Ano Produto interno bruto
1965 246
1970 355
1975 572
1980 1 155
1985 4 365
1990 98 386
1995 657 604
2000 1 330 429

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16/10/2015. Consultado o 24/5/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2005. Consultado o 17 de agosto de 2009.