Economía da Malaisia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Economía de Malaisia | ||
|---|---|---|
| Moeda | Ringgit | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, APEC | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 378,9 mil millóns (2009) | |
| PIB (posición) | 31ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | -2,8% (2009) | |
| PIB per cápita | US$ 14.700 (2009) | |
| PIB por sector | agricultura 13%, industria 42,3%, comercio e servizos 47,6% (2009) | |
| Inflación anual | 0,4% (2009) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 5,1% (2002) | |
| Total da forza de traballo | 11,29 millóns (2009) | |
| % traballadores por sector | agricultura 13%, industria 36%, comercio e servizos 51% (2005) | |
| Desemprego | 5% (2009) | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 156,4 mil millóns f.o.b. (2009) | |
| Principais productos exportados | electrónicos, máquinas, produtos de petróleo, plásticos, vehículos, produtos de ferro e aceiro, produtos químicos | |
| Principais mercados | Singapur 13,9%, República Popular de China 12,2%, Estados Unidos 10,9%, Xapón 9,8%Tailandia 5,4%, Hong Kong 5,2% (2009) | |
| Importacións (US$) | 119,5 mil millóns (2009) | |
| Principais productos importados | electrónicos, máquinas, produtos de petróleo, plásticos, vehículos, produtos de ferro e aceiro, produtos químicos | |
| Principais parceiros | República Popular de China 13,9%, Xapón 12,5%, Estados Unidos 11,2%, Singapur 11,1%, Tailandia 6%, Indonesia 5,3%, Corea do Sur 4,6%, Alemaña 4,2%, Taiwan 4,2% (2009) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 48,26 mil millóns (2009) | |
| Receitas (US$) | 44,6 mil millóns (2009) | |
| Despesas (US$) | 60,72 mil millóns (2009) | |
| Axuda económica recebida (US$) | dato non dispoñíbel | |
A economía da Malaisia transformouse, entre 1971 e o final da década de 1990 de un produtor de materias primas nunha economía emerxente multi-sectorial. O crecemento debeuse case exclusivamente ás exportacións – particularmente de produtos electrónicos[1].
Os recursos principais do país son:
- Os recursos do subsolo: ouro, estaño, ferro, bauxita (da costa ocidental), gas natural e o petróleo, explotados no litoral ao longo da costa oriental.
- Da agricultura e silvicultura: madeira, caucho, aceite de palma e automóbiles. O país está especializado nos semi-condutores.
Despois de chegar ó poder, o primeiro ministro Abdullah Ahmad Badawi intentou levar a economía máis aló das cadeas produtivas que agregaban valor aos produtos primarios, atraendo investimentos en sectores de alta tecnoloxía, tecnoloxía médica e produción de medicamentos[1].