Ecoesfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ecoesfera orixinal é froito dunha investigación espacial da NASA e trátase do primeiro ecosistema totalmente pechado. Un mundo en miniatura completo e autosuficiente integrado nunha bóla de cristal. Doadamente manexábel, unha ecoesfera é un elemento de aprendizaxe que proporciona información interesante verbo da vida no noso planeta, así como unha mostra da tecnoloxía para a futura exploración do espazo.

Ecoesfera creada con fins didácticos nun instituto de secundaria de España. Empregáronse especies comúns na contorna: auga de poza contendo algas, plantas flotantes (subfamilia Lemnoideae), caracois de auga doce e copépodos

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Nun substrato de auga mariña filtrada habitan camaróns vermellos, xunto con microorganismos activos e algas. Debido a que a ecoesfera é un ecosistema autosuficiente, non é necesaria ningunha achega alimenticia externa. Simplemente débeselle proporcionar á ecoesfera unhas poucas raiolas de luz indirecta, natural ou artificial, que permitan manter o ciclo biolóxico. Por tratarse dun sistema pechado e independente, os recursos viventes das ecoesferas funcionan sen contaminar o medio, de maneira que a ecoesfera non precisa de limpeza e só require un coidado mínimo. A expectativa media de vida das ecoesferas é de dous a cinco anos, aínda que se deron algúns casos de camaróns que chegaron a alcanzar os dez anos na súa ecoesfera.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]