Earth:Final Conflict
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Earth:Final Conflict | |
|---|---|
| Formato | Ciencia ficción |
| Creado por | Gene Roddenberry |
| Dirixido por | David Winning |
| Intérpretes | Kevin Kilner Robert Leeshock Lisa Howard Richard Chevolleau Von Flores Leni Parker David Hemblen Kari Matchett Anita La Selva |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 110 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Majel Barrett |
| Duración | 41 min. aprox. por episodio |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Canadá: CTV (1997-1999) The New Net (1999-2002) Estados Unidos: sindicada |
| Tempo de emisión | 6 de outubro de 1997 – 20 de maio de 2002 |
Earth: Final Conflict é unha serie de televisión de ficción científica canadense baseada en historias e ideas creadas por Gene Roddenberry e producida pola súa viúva Majel Barrett-Roddenberry. Emitiuse durante cinco tempadas entre 1997 e 2002.
[editar] Sinopse
A comezos do século XXI, unha raza de extraterrestres, os taelons chegan á Terra, a cambio de poder permanecer como refuxiados no planeta, os taelons ofrecen á humanidade acceso á súa avanzada tecnoloxía, como resultado, a enfermidade, guerra e contaminación son case totalmente eliminadas. Aínda así hai xente que non se fía das súas boas intencións e organizan un movemento de resistencia.