Ealing Studios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ealing Studios

Ealing Studios é unha compañía británica de produción de cinema e televisión situada en Ealing Green en West London. Will Barker mercou o White Lodge en Ealing Green en 1902 como base para a rodaxe de filmes e desde entón foi empregado para ese fin. É o estudio de produción máis antigo de uso continuo en todo o mundo,[1] e os actuais escenarios comezaron a usar o son en 1931. Son especialmente coñecidos polos filmes producidos nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, como Kind Hearts and Coronets (1949), Passport to Pimlico (1949), The Lavender Hill Mob (1951) e The Ladykillers (1955).

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O lugar foi ocupado polos Will Barker Studios desde 1902.[2] a partir de 1929 foron adquiridos polo produtor teatral Basil Dean, que fundou a Associated Talking Pictures Ltd. con Stephen Courtauld e Reginald Baker. En 1931 construíron os Ealing Studios, levando aló toda a produción a partir do mes de decembro. Cando marchou Dean en 1938 sendo substituído por Michael Balcon da MGM, xa se fixeran uns sesenta filmes, co nome da ATP. Balcon comezou a producir filmes co nome de Ealing Studios. En 1944 a compañía foi absorbida por Rank Organisation.

Nas décadas de 1930 e 1940, Ealing produciu moitas comedias con estrelas como Gracie Fields, George Formby, Jr., Stanley Holloway e Will Hay, que estableceran a súa sona noutros campos do espectáculo. A compañía foi tamén fundamental na creación de filmes documentais durante a guerra, como Went the Day Well? (1942), The Foreman Went to France (1942), Undercover (1943), e San Demetrio London (1943). Na posguerra lanzouse á realización de comedias, que se converteron na marca da casa, con frecuencia satíricas e nas que se reflicten aspectos do carácter e a sociedade británica. A primeira foi Hue and Cry (1947) e a última Barnacle Bill en 1956. Porén, os filmes máis lembrados foron os producidos nos anos intermedios: Whisky Galore! (1949), Passport to Pimlico (1949), Kind Hearts and Coronets (1949), The Lavender Hill Mob (1951), The Man in the White Suit (1951), The Titfield Thunderbolt (1953), The Cruel Sea (1953) e The Ladykillers (1955).

De 1955 a 1995[editar | editar a fonte]

En 1955 a BBC comprou os estudios, e alí estableceu o seu departamento de cinema; realizáronse 56 filmes neses estudios.[3] Tamén saíron programas como America: A Personal History of the United States e Z-Cars.

Buscando reducir custos e estudios, a BBC decidiu vender Ealing Studios.

Desde 1995[editar | editar a fonte]

Os estudios foron comprados por NFTS e a mediados da década de 2000 por un consorcio liderado por Fragile Films' Uri Fruchtmann e Barnaby Thompson, Harry Handelsman e John Kao, coa idea de revivir o estudio. Desde entón o estudio comezou a producir de novo filmes como Lucky Break (2001) ou The Importance of Being Earnest (2002).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History". Ealingstudios.com. http://www.ealingstudios.com/EalingStudios/history_home.html. Consultado o 22 de xuño de 2011.
  2. [1]
  3. Martin, David (1983). A History of the BBC's Film Department.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]