EZ Aquarii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

EZ Aquarii é un sistema estelar triplo a, aproximadamente, 3.4 parsec ou 11.08 anos luz do Sistema Solar, na constelación de Acuario. As tres estrelas son ananas vermellas do tipo espectral M.
EZ Aquarii AB tamén se coñece como G 156-031, GCTP 5475.00, LHS 68 e Luyten 0789-006.
O sistema máis próximo é Lacaille 9352, a 1.29 parsec ou 4.21 anos luz.