EXE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No ámbito da informática, EXE (do inglés, executable) é unha extensión que se refire a un ficheiro executable de código reubicable, é dicir, as súas direccións de memoria son relativas.

Os sistemas operativos que utilizan esta extensión son DOS, Microsoft Windows, OS/2 e ReactOS.
O formato de ficheiros EXE foi introducido en marzo de 1983, na versión 2.0 de MS-DOS, que ata esa versión só podía executar ficheiros COM e segue sendo utilizado na última versión de Microsoft Windows (Windows Vista).

[editar] Evolución do formato EXE

O formato EXE foi evolucionando ó longo do tempo, velaquí un breve resumo desta evolución:

  • Executable para DOS: Foi introducido con DOS 2.0 e pode executarse tanto en DOS coma en Windows. Pode ser identificado cós caracteres ASCII MZ (as iniciais de Mark Zbikowski,un dos programadores de MS-DOS) ou en forma hexadecimal 4D 5A ó comezo do ficheiro (o chamado Número Máxico).
  • Executable para 16 bits: Foi introducido con Multitasking MS-DOS 4.0 e non pode executarse en ningunha das demais versións de MS-DOS pero si en calquera versión de Windows e OS/2. Pode ser identificado polos caracteres ASCII NE (as siglas de New Executable) ou en forma hexadecimal 4E 45.
  • Executable mesturado para 16/32 bits: Foi introducido con OS/2 2.0 e pode ser identificado cos caracteres ASCII LX ou en forma hexadecimal 4C 45. Este formato non é moi usado en aplicacións pero si en drivers tipo VxD baixo Windows 3.x e 9x.
  • Executable lineal para 32 bits: Foi introducido có OS/2 2.0 e pode executarse unicamente en OS/2 2.0 ou superior. Pode ser identificado cos caracteres ASCII LX ou en forma hexadecimal 4C 58. Tamén foi usado nalgúns DOS extenders.
  • Executable portátil para 32 bits: Foi introducido con Windows NT, este é o máis complexo de todos e pode executarse en tódalas versións de Windows NT e tamén en Windows 95 e superior. Tamén foi usado en BeOS RC3, pero algo violaba as especificacións PE xa que non utilizaba un subsistema correcto. Pode ser identificado polo encabezamento de ficheiro Portable Executable; os caracteres ASCII PE (hexadecimal 50 45).
  • Executable portátil para 64 bits: Foi introducido nas versións de 64 bits de Windows, estes son ficheiros PE pero para unha CPU de 64 bits cun set de instrucións x86-64 ou IA-64. Pode ser executado unicamente nas versións de 64 bits de Windows (Windows XP 64 Bits Edition ou Windows Server 2003 64 Bits Edition).
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas