EAGLE
| EAGLE | |
|---|---|
| Desenvolvedor: | CadSoft |
| Última versión: | 6.2.0 (13 de abril de 2012) |
| Sistema operativo: | Windows Linux Mac OS X |
| Xénero: | ECAD |
| Licenza: | Proprietario freeware versión evaluable |
| En galego: | Non |
| Sitio web: | cadsoftusa.com |
EAGLE (Easily Applicable Graphical Layout Editor) é un programa de ECAD (CAD para deseño electrónico) deseño de placas PCB, trazado automático de pistas para circuítos electrónicos e CAM. EAGLE é un programa de deseño moi popular entre os afeccionados pola súa licenza freeware e a dispoñibilidade de bibliotecas de compoñentes na web.
EAGLE ten un editor de esquemas para o deseño de circuítos. Os compoñentes electrónicos poden ser colocados sobre a placa e conectados con pistas. Os deseños son gardados en formato de capas Gerber e PostScript e formato Excellon Sieb & Meyer para os buratos dos compoñentes das placas. Eses formatos son aceptados por moitas empresas fabricantes de PCB.
Proxectos como Arduino e Wiring empregan este programa no deseño das placas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web de EAGLE (en varias linguas)