Dvojka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da canle Dvojka da versión en Alta Definición.

Dvojka (en galego, "o dous") é a segunda canle da televisión pública de Eslovaquia que pertence ao ente público RTVS. Na actualidade o ente público forma parte do conglomerado de radiotelevisión eslovaca chamado 3. multiplex.

Historia[editar | editar a fonte]

A canle Dvojka é nada pola transformación da segunda canle da televisión de Checoslovaquia, chamada esa canle nese momento como STV2 no ano 1993.

Os comezos de emisión de STV2 datan do ano 1970 e de novo un segundo intento no ano 1973, ata emitirse interrompidamente ata o ano 1993 coa formación da nova canle do ente público.

Oficinas centrais da canle en Bratislava

Emisión[editar | editar a fonte]

Esta canle de televisión pódese ver na TDT, nunha plataforma de pago no satélite Thor (satélite) e tamén nas respectivas plataformas de cable eslovacas.

Canles irmás[editar | editar a fonte]

O ente público de televisión eslovaca RTVS só ten un único canal máis na actualidade, chamado Jednotka (en galego "o un", antigamente era coñecido co nome de ''STV1'').

Ata o ano 2011 había outra canle chamada Trojka (en galego "a tres") que foi pechado por razóns económicas de contención de gastos da corporación de radiotelevisión eslovaca.

Programas e series[editar | editar a fonte]

  • Dvojka tamén ten nas súas emisións documentais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]