Duxame, Vila de Cruces
Duxame | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Duxame, Vila de Cruces.JPG | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°50′24″N 8°10′56″O / 42.8401342, -8.18225047 |
Poboación | 66 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Duxame é unha parroquia do concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 66 habitantes (36 mulleres e 30 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada ao N-NW da capital, cunha orografía relativamente plana con lixeira inclinación orientada ao sur.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa
[editar | editar a fonte]Data do século XVIII. A planta e unha cruz grega dunha soa nave e dúas ábsidas. A cuberta e unha bóveda de canón. A porta principal está formada a base de arquivoltas tóricas en medio punto peraltado. A torre do campanario é de tres corpos, e o presbiterio está debaixo dunha bóveda de canón que apoia nun arco de medio punto peraltado.
A igrexa foi unha doazón de Domingo Antonio Otero Bermúdez de Soutomaior nado na casa grande de Duxame e nese momento alguacil da cidade de Manila. Tamén foi doada por esta familia a imaxe do San Miguel feito en marfil e desaparecido no 1977.
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]Duxame conta cun pazo procedente dos Otero, coñecido como Casa de Outeiro ou Casa Grande de Duxame.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Duxame.
-
Campanario da igrexa de Duxame.
-
Porta da igrexa de Duxame.
-
Imaxe de Santiago na igrexa de Duxame.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Duxame
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Duxame no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Duxame | Moreira | San Miguel |
Parroquias de Vila de Cruces
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario Hispano de Apellidos. Tomo III