Durián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Durián
Froito do durián.
Froito do durián.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Helicteroideae
Tribo: Durioneae
Xénero: Durio
L.
Especie: ''D. zibethinus''
Nome binomial
''Durio zibethinus''
Murray

O durián (Durio zibethinus) é unha especie de árbore tropical asiática pertencente á familia Malvaceae, orixinaria do sueste de Asia. Dá un froito comestíbel.

En Galicia non é aínda común o consumo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Froita amplamente coñecida e reverenciada no sueste de Asia e chamda "Rei das froitas",[1] o seu nome provén da verba malaia duri (espiña) co sufixo an, (usado para crear pronomes), e dando coma resultado "froita espiñenta".[2][3]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore duns 25 m de alto, orixinaria do sueste de Asia pertenecente á familia Malvaceae, unha enorme familia que inclúe o hibisco, o quiabo ou o cotón. O seu froito, especialmente apreciado polos nativos, é de varias formas, de cadrada a arredondada, dependendo da especie, con até 40 cm de circunferencia.[4][5] e entre 2 ou 3 kg de peso[4]; ten unha codia de espiñas de cor verde ou café, a casca é entre pálida a vermella, sempre dependendo especie.[4] Ten un gusto intenso e agradábel, unha textura cremosa (como o aguacate) e un cheiro moi forte, que pode desgustar a algunhas persoas. As sementes son comestíbeis unha vez asadas, esmagadas serven para preparar tortas.

As árbores de durián son relativamente altas, entre 25 e 50 metros de altura, dependendo da especie. As follas son perennes, opostas, elípticas e cadradas, de 10 a 18 centímetros de longo. As flores reprodúcense en grupos de 3 a 30, en pólas longas e no toro; cada flor ten un cáliz e 5 (raramente 4 ou 6) pétalos.

As árbores teñen unha ou dúas floración se frutificacións por ano, aínda que o tempo varía dependendo da especie, cultivo e localidade. Unha árbore de durián típica pode soster os froitos de 4 a 5 anos. O froito que pendura de cada póla, madura arredor dos tres meses despois da polinización.

Especies[editar | editar a fonte]

Hai arredor de 30 especies recoñecidas de árbores durián, todas nativas do sueste de Asia e polo menos 9 producen froitos comestíbeis.[6] coma: D. zibethinus, D. dulcis, D. grandiflorus, D. graveolens, D. kutejensis, D. lowianus, D. macrantha, D. oxleyanus e D. testudinarum. Porén, hai moitas especies aínda non estudadas debidamente.[4]

O Durio zibethinus é a única especie dispoñíbel no mercado internacional, as outras son vendidas localmente.

Unha planta de Durio zibethinus, de oito meses de idade.


Usos[editar | editar a fonte]

É unha especie altamente coñecida polo valor alimentario dos seus froitos. Estes caracterízanse por presentar un mal cheiro (un fedor semellante a unha cebola podre), incluso en moitos hoteis de Malaisia teñen prohibido o seu consumo nos cuartos, dado que o fedor fica no cuarto máis de tres horas. A polpa é dunha cremosidade exquisita polo que é coñecido coma o el mellor froito do mundo (Pérez, 1996).

Bärtels (2002), comenta que a polpa de tan exquisito froito contén proteínas, graxas e azucres. Consúmese cru, aínda que forma parte de diversos pratos en estado verde, semi maduro e fermentado. En Asia é considerado afrodisíaco. As súas raíces, cascas e follas empréganse en menciñas populares. As sementes frítense ou tórranse en aceite. Emprégase tamén na elaboración de xeados.

É moi comercializado en Tailandia, Indonesia e Malaisia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Bärtels, A. (2002). Plantas Tropicales, Ornamentales y Útiles. Guía de Identificación. Tropenpflazen.. Berlín - Alemaña..
  • Pérez, E (1996). Plantas Útiles de Colombia.. Bogotá - Colombia..
  • Flora of China Editorial Committee, 2007. Fl. China Vol. 12.

Notas[editar | editar a fonte]

Froitos de durián prontos para consumir.
  1. Heaton, Donald D.. A Consumers Guide on World Fruit. ISBN 1419639552.
  2. Oxford English Dictionary. "Via durion, the Malay name for the plant."
  3. Huxley, A. (Ed.). New RHS Dictionary of Gardening. ISBN 1-56159-001-0.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Brown, Michael J. (PDF). Durio — A Bibliographic Review. ISBN 92-9043-318-3. http://www.bioversityinternational.org/publications/Pdf/654.pdf. Consultado o 14-03-2007.
  5. Morton, J. F.. Fruits of Warm Climates. ISBN 0-9610184-1-0. http://www.hort.purdue.edu/newcrop/morton/durian_ars.html.
  6. O'Gara, E., Guest, D. I. and Hassan, N. M.. "8.1 Botany and Production of Durian (Durio zibethinus) in Southeast Asia" (PDF). http://www.aciar.gov.au/web.nsf/att/JFRN-6BN9E4/$file/mn114-part3.pdf. Consultado o 05-03-2006.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Durián Modificar a ligazón no Wikidata