Durban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Durban - eThekwini")

Durban (eThekwinien en zulú) é unha cidade da provincia de KwaZulu-Natal, Suráfrica, localízase nunha baía natural e ten un dos maiores portos do Océano Índico. Posúe 3.100.000 habitantes.

Orixe[editar | editar a fonte]

As porcentaxes étnicas son as seguintes: 68.30% negros, 19.90% asiáticos, 8.98% brancos e 2.82%, colorados

Linguas[editar | editar a fonte]

63% zulú, 30% inglés, 3'4% xhosa, 1'4% afrikaans, 0'7 % sesotho.

Historia[editar | editar a fonte]

O 25 de decembro de 1497 o explorador portugués Vasco da Gama ancorou no actual emprazamento da cidade e deulle o nome de Río de Natal, pero non deixou ningún asentamento europeo e o territorio seguiu pertencendo aos zulús.

En 1824 Francis Farewell e Henry Fynn, aventureiros e comerciantes británicos deixaron a colonia do Cabo para establecer un negocio de comercio de marfil en Natal, máis tarde uníuselles Nathaniel Isaacs que marchara na súa busca e xuntos estableceron un posto comercial nun terreo que lles dera o rei Shaka dos zulus, que denominaron Port Natal, o pequeno asentamento converteuse nunha cidade e en 1835 déronlle o nome de Durban, en honra do gobernador da colonia do Cabo, Benjamin d'Urban. Os boers establecéronse sobre as montañas de Drakensberg en 1838 e, despois dunha serie de batallas, o goberno do Cabo construíu un forte. En 1844 o territorio pasou a formar parte da colonia do Cabo e os colonos británicos comezaron a establecerse na cidade. A partir de 1860 os británicos trouxeron milleiros de traballadores da India e doutros países asiáticos para traballaren nos campos de cana de azucre. Gandhi viviu na cidade, e foi onde adquiriu conciencia política, ao ver a discriminación que sofrían os indios.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial de Durban (en inglés)