Duran Duran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duran Duran
Duran Duran.jpg
Información
Orixe Birmingham, Inglaterra Inglaterra
Período 1978 - actualidade
Xénero(s) pop rock, New Wave, synthpop
Selo(s) discográfico(s) Capitol, EMI, Parlophone, Virgin, Epic, Hollywood, Tapemodern, Allido
Membros Nick Rhodes
John Taylor
Roger Taylor
Simon Le Bon
Antigos membros Stephen Duffy
Simon Colley
Andy Wickett
Jeff Thomas
Alan Curtis
Andy Taylor
Warren Cuccurullo
Sterling Campbell
Web oficial duranduran.com

Duran Duran é unha banda inglesa de New Wave formada en Birmingham en 1978. Foi un dos grupos máis exitosos dos anos 80 e un dos peincipais da "Segunda invasión británica" dos Estados Unidos, conducida pola MTV. Dende os anos 80 levan colocados 14 sinxelos no top 10 británico e 21 na lista estadounidense Billboard Hot 100 e ten vendidos, segundo o Sunday Mercury, máis de 100 millóns de discos.

Aínda que se lles considerou normalmente parte da escena New Romantic, xunto con bandas como Spandau Ballet, cando apareceron, posteriormente cambiaron esa imaxe. O grupo traballou con deseñadores de moda para crear unha imaxe distintiva e elegante que lles fixo gañarse o alcume de "os rapaces máis guapos do rock". Os controvertidos videos de Duran Duran, que incluían desnudos parciais e suxerían sexualidade, fixéronse populares a comezos dos 80 na entón nova canles de videos MTV. Duran Duran estivo entre os primeiros grupos en ter videos rodados por diretores profesionais con cámaras de cine de 35 mm, que lle daban aos seus videos unha apariencia moito máis pulida.

O grupo formárono Nick Rhodes, John Taylor e Stephen Duffy, entrando posteriormente Roger Taylor e, despois de numerosos cambios de persoal, Andy Taylor e Simon Le Bon (ningún dos Taylors son parentes, e Roger Taylor non debe onfundirse co batería de Queen do mesmo nome). A banda nunca se separou, pero a formación cambiou para incluir ao guitarrista Warren Cuccurullo dende 1989 ata 2001 e ao batería Sterling Campbell dende 1989 ata 1991. A reunión dos cinco membros orixinais a comezos dos anos 2000 creou axitación entre os seareiros e os medios musicais. Andy Taylor deixou o grupo a mediados do ano 2006, e o guitarrista de Londres Dom Brown ven traballando dende entón con Duran Duran omo músico de estudio e xira.

Discografía [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]