Duración (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A duración en música é o tempo que persiste un son ou o tempo entre dúas notas (silencio, ou simplemente un intervalo de tempo. As duracións son os elementos constituíntes do ritmo.

A duración dun son pode ser medida en absolutas de tempo (segundos e seus múltiplos e submúltiplos). Sen embargo en música, a noción de duración é relativa. Nunha estrutura rítmica, é máis importante a relación entre as duracións das notas que a súa duración absoluta.

Na notación musical occidental, as duracións son representadas polas símbolos empregados na partitura, tamén chamados de figuras musicais. Actualmente dia a maior figura é a redonda. A táboa seguinte mostra a duración como fracción da redonda.

Nota Silencio Nome en galego Nome en inglés
(non americano)
Duración
Music-octwholenote.svg Music-octwholerest.svg Máxima (obsoleta) Maxima \frac{32}{4}
Music-quadwholenote.svg Music-quadwholerest.svg Longa (obsoleta) Longa \frac{16}{4}
Music-doublewholenote.svg Music-alt-doublewholenote.svg Music-doublewholerest.svg Cadrada Breve \frac{8}{4}
Music-wholenote.svg Music-wholerest.svg Redonda Semibreve \frac{4}{4}
Music-halfnote.svg Music-halfrest.svg Branca Minim \frac{2}{4}
Music-quarternote.svg Music-quarterrest.svg Negra Crotchet \frac{1}{4}
Music-eighthnote.svg Music-eighthrest.svg Corchea Quaver \frac{1}{8}
Music-sixteenthnote.svg Music-sixteenthrest.svg Semicorchea Semiquaver \frac{1}{16}
Music-thirtysecondnote.svg Music-thirtysecondrest.svg Fusa Demisemiquaver \frac{1}{32}
Sixtyfourth-note.svg Music-sixtyfourthrest.svg Semifusa Hemidemisemiquaver \frac{1}{64}
Music-hundredtwentyeighthnote.svg Music-hundredtwentyeighthrest.svg Garrapatea Quasihemidemisemiquaver \frac{1}{128}

A duración de cada unha destas figuras depende do compás que define cal das notas será tomada como unidade de tempo (pulso) e cantas unidades existen en cada compás. Nun compás de 4/4, por exemplo, a unidade de tempo é a negra (1/4 dunha branca) e hai 4 pulsos en cada compás. Nun compás de 3/4, a mesma negra é a unidade de tempo, mais só hai tres unidades por compás.

Outro factor que afecta á duración dunha nota é o tempo, é dicir, a frecuencia dos pulsos que define canto tempo dura o pulso. Usando o mesmo exemplo anterior, se tocamos unha música en 4/4 cun pulso que dura cerca dun segundo, o ritmo é lento, mais se a unidade tivera a metade desa duración, o ritmo sería dúas veces máis rápido. Por iso dicimos que na música, as duracións son relativas.

Nunha estrutura rítmica, as duracións que non corresponden ás fraccións mostradas na táboa ou duracións maiores que o compás empregado poden ser representadas como ligaduras de dúas ou máis notas. Outro xeito de alongar a duración dunha figura cando non ten representación na táboa anterior é mediante o puntillo, representado por un punto que se coloca ao lado dereito da nota que se quere alongar e que aumenta a súa duración nun 50 % do seu valor, de xeito que unha branca con puntillo pasaría a durar tres pulsos (dous da branca máis un do puntillo).

Outras calidades do son[editar | editar a fonte]