Duque de York, Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duque de York
Localización da illa
Situación
País Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ProvinciaProvincia de Última Esperanza
ArquipélagoArquipélago Madre de Dios
MarOcéano Pacífico
Coordenadas50°36′19″S 75°18′50″O / -50.60528, -75.31389Coordenadas: 50°36′19″S 75°18′50″O / -50.60528, -75.31389
Xeografía
Superficie522 km²
Longura máxima32´18 km.
Largura máxima24´1 km.
Perímetro320´8
Punto máis alto853 m.

A illa Duque de York está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas. Forma parte do arquipélago Madre de Dios. Ten unha superficie de 522 km², que a converten na 27ª illa maior de Chile.

Administrativamente pertence á provincia Última Esperanza da XII Rexión de Magallanes e a Antártica Chilena.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido por mor da colonización europea.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola 2canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas[editar | editar a fonte]

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre eles. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta. O anterior, unido ao silencio e soidade da contorna fan destas illas e canles unha das rexións máis belas do planeta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos. Na costa oriental hai numerosas entradas que constitúen enseadas ou surxidoiros.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. No extremo NE álzase o monte Vallejo de 829 metros de altura, cara ao interior da costa oriental elévase o pico Shergall de 453 metros e na parte sur da illa o pico Santiago de 725 metros.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Todo o arquipélago patagónico data da época terciaria; é produto da mesma causa xeolóxica que fixo aparecer primeiro a cordilleira da Costa e logo a dos Andes. Na idade glacial, tomou o seu aspecto actual sendo a continuación cara ao sur da cordilleira da Costa.

É de orixe ígneo pola clase de rocha que o constitúe e polo seu relevo áspero e irregular, característico das cadeas de erupción.

Clima[editar | editar a fonte]

A rexión é afectada continuamente por ventos do oeste e polo paso frecuente de sistemas frontais. Estes sistemas frontais xéranse na latitude 60° S, zona na que conflúen masas de aire subtropical e masas de aire polar creando un cinto de baixas presións que forma os sistemas frontais.

Esta área ten un clima que se coñece como "tépedo frío chuviosos" que se estende desde a parte sur da Rexión de Los Lagos ata o estreito de Magallanes. Aquí rexístranse as máximas cantidades de precipitacións, en illa Guarello alcanzáronse ata 9.000 mm anuais.

A nubosidade atmosférica é alta, os días despexados son escasos. A amplitude térmica é reducida, a oscilación anual é de aproximadamente 4 °C cunha temperatura media de 9 °C. Precipita durante todo o ano sendo máis chuvioso cara ao outono.

Localización[editar | editar a fonte]

Está situada en 50°29′00″S 75°16′00″O / -50.48333, -75.26667 e 50°47′00″S 75°19′00″O / -50.78333, -75.31667

Xeografía[editar | editar a fonte]

É unha illa de forma irregular, localizada fronte ao océano Pacífico, ten un longo de 32´2 km. de N a S e o seu ancho varía entre 24´1 e 9´6 km.. A illa ten os seguintes límites:

Fondeadoiros e surxidoiros[editar | editar a fonte]

A costa oriental ofrece fondeadoiro no seo Francisco, en seo Puntería as caletas Angosta e Patria e no esteiro Shergall ao interior porto Shergall. Na costa occidental está "puerto Morales".

Faros e balizas[editar | editar a fonte]

No seu extremo NE, sobre a ribeira da canle oeste, atópase o faro automático Punta Anunciada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]