Duque de Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel de Saavedra, duque de Rivas

Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido como Conde de Rivas, nado en Córdoba o 10 de marzo de 1781 e falecido en Madrid o 22 de xuño de 1865, foi un dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou no Seminario de Nobles de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de cabaleiro de Malta, a Banderola da Guardia de Corps, o hábito de Santiago, etc. En 1807 foi alférez da Guardia Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na Batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Caballería Ligera. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Mayor.

En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchado en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en 1834 morreu o seu irmán maior e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865

[editar] Obras

[editar] Poesías

[editar] Sonetos

[editar] Teatro

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Fernando Fernández de Córdova
Duque de Rivas
Precede a:
Baldomero Espartero
Presidente do Goberno de España
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas