Cadeas e dragóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cadeas e dragóns
FormatoAcción, Aventuras e Fantasía
Creado porKevin Paul Coates
Dennis Marks
Takashi
Desenvolvido porBob Richardson (temporada 1)
Karl Geurs (temporadas 2–3)
Dirixido porBob Richardson (temporada 1)
Karl Geurs (temporadas 2–3)
IntérpretesVoces
Willie Aames
Don Most
Katie Leigh
Adam Rich
Tonia Gayle Smith
Teddy Field III
Sidney Miller
Peter Cullen
Frank Welker
Bob Holt
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios27+1 sen producir
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
David H. DePatie (temporada 1)
Lee Gunther (temporadas 1–3)
Margaret Loesch (temporadas 2–3)
Duración24 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeira emisión17 de setembro de 1983
Derradeira emisión7 de decembro de 1985
Na rede
IMDB: tt0085011 Filmaffinity: 484830 Metacritic: tv/dungeons-dragons TV.com: shows/dungeons-and-dragons Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cadeas e dragóns[1] (en inglés: Dungeons & Dragons) é unha serie estadounidense de animación baseada no xogo de rol homónimo. É unha coprodución de Marvel Productions e TSR, e orixinalmente a serie emitiuse a través da CBS dende 1983 a 1985 en tres temporadas, cun total de 27 episodios. A compañía xaponesa Toei Animation realizou a animación da serie.

A historia céntrase nun grupo de seis amigos que son transportados a un mundo de fantasía e as súas aventuras para atopar o xeito de volver a casa. Para iso, contan coa axuda do seu guía o "Dungeon Master". Un episodio final que non foi producido debía servir ou ben para rematar a trama ou para redirixir a serie nunha cuarta temporada. Porén, a serie foi cancelada antes de que o episodio fose realizado. O guión dese episodio pode atoparse en diversas fontes na rede e foi usado nun drama en son que aparece na edición especial en DVD da serie.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. mangaclassics.mboards.com (ed.). "Títulos de series en galego emitidas pola Televisión de Galicia (TVG)". Consultado o 2 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]