Dungarvan - Dún Garbháin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dungarvan Dún Garbháin |
|||
|---|---|---|---|
| Lema: Ni Maraide Go Stiurtoir | |||
| Provincia | Munster | ||
| Condado | Condado de Waterford | ||
| Poboación | 7.813 hab. | ||
| Altitude | 1 metros | ||
| Páxina web | waterfordcoco.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Dungarvan (en gaélico Dún Garbháin) é unha vila e porto da costa sur de Irlanda, na provincia de Munster.
Índice |
Historia [editar]
Dungarvan foi incorporada no século XV, foi representada por dous membros no Parlamento de Irlanda dende o Acto de Unión en 1801, e por un membro no Parlamento de Westminster dende 1885.
A emboscada de Burgery de 1921, un incidente da Guerra de Independencia Irlandesa, tivo lugar preto da vila.
Relacións internacionais [editar]
En marzo de 2007, a vila convertiuse en cidade irmá de Erie, Pensilvania. O Mercyhurst College, en Erie, é o anfitrión do Global Intelligence Forum, que se fai cada ano en Dungarvan.