Dundee United F.C.
| Nome | Dundee United F.C. | ||
| Alcume(s) | |||
| Fundación | 1923 | ||
| Estadio | Tannadice Park, Dundee, Escocia |
||
| Inauguración | |||
| Capacidade | 14.209 | ||
| Propietario | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Scottish Premier League | ||
| 2010–11 | 4º | ||
| Vestimenta | Hummel | ||
| Patrocinador | Anglian | ||
| Web oficial | |||
|
|||
O Dundee United Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Dundee. Fundouse en 1923 e actualmente compite na Scottish Premier League.
O equipo recibe os alcumes de "The Terrors", mentres que os seus seareiros son "The Arabs" (os árabes) e "The Tangerines" (os mandarinas, en relación á camisola laranxa que os caracteriza, e que procede da bandeira irlandesa.
[editar] Historia
Naceu en 1909 co nome de Dundee Hibernian, pero foi refundado no 1923 xa coa denominación actual. O nome de Hibernian fai referencia a Irlanda e á base de inmigrantes católicos sobre a que se formou, ao igual ca outros clubs escoceses, coma o Celtic de Glasgow ou o Hibernian de Edimburgo. Tamén como neses casos existe un rival tradicional, formado sobre os barrios protestantes, e que se chama Dundee FC.
[editar] Méritos
Os principais títulos que ten conseguido este conxunto, ata a tempada 2006-2007, son:
- Semifinalista da Copa de Europa en 1984.
- Finalista da Copa da UEFA en 1987, cando perdeu contra o IFK Göteborg sueco por 1:0 e 1:1 (dobre volta, xogado o segundo partido en Escocia).
- Campión da División de honra en 1983.
- Campión da Copa escocesa en 1994.
- Campión da Copa da Liga escocesa en 1980 e en 1981.
|
|||||