Duško Savanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duško Savanović
DuskoSavanovicEFES.JPG
Savanović xogando co Anadolu Efes
Anadolu Efes  – No. 20
Ala-pivote
Nacemento 5 de setembro de 1983 (31 anos)
Flag of SR Croatia.svg Zagreb, RS de Croacia, RFS de Iugoslavia
Nacionalidade Flag of Serbia.svg Serbia
Altura 2,04 m (7 ft 8.25 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Liga Türkiye Basketbol Ligi
Euroliga
Carreira dende 2003
Equipos Flag of Serbia.svg KK Železnik (2003–2004)
Flag of Serbia.svg KK Borac Čačak (2005–2006)
Flag of Serbia.svg KK Železnik (2005–2006)
Flag of Russia.svg UNICS Kazan (2006–2008)
Flag of Spain.svg CB Sevilla (2008–2010)
Flag of Spain.svg Valencia BC (2010–2011)
Flag of Turkey.svg Anadolu Efes (2011–presente)

Duško Savanović, nado o 5 de setembro de 1983 en Zagreb, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para o Anadolu Efes SK da Türkiye Basketbol Ligi. Cunha altura de 2,04 metros, xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Savanović xogou as súas tres primeiras tempadas coma profesional en Serbia, dúas tempadas, en dúas etapas diferentes, no KK Železnik, e unha no KK Borac Čačak. Na súa segunda etapa no Železnik, gañou a Liga ABA no ano 2006.

O 6 de outubro de 2006, asinou un contrato de dous anos co UNICS Kazan ruso. Tras dúas tempadas en Rusia, Savanović chegou á Liga ACB para xogar primeiro no Cajasol Sevilla, e logo no Power Electronics Valencia, equipo co cal debutou na Euroliga. Na súa primeira tempada na Euroliga, acadou 11.9 puntos e 4.6 rebotes por encontro en 21 partidos.[1] Ó remate da competición, foi elixido no segundo mellor equipo da Euroliga.

O 20 de xuño de 2011, Savanović asinou un contrato de tres anos co Anadolu Efes SK turco.[2]

Selección[editar | editar a fonte]

Savanović participou coa selección serbia no Mundial da FIBA do ano 2010, onde Serbia perdeu no partido polo bronce contra Lituania por 99-88. Disputou tamén o Eurobasket de 2011, onde Serbia rematou na oitava posición, e Savanović fixo 13.4 puntos e 3.6 rebotes por partido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]