Drogheda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Drogheda
Droichead Átha (en irlandés)
Drogheda-crest.png
Drogheda At Night by DOMahony.jpg
Drogheda desde o sur
Situación xeográfica
Drogheda en Irlanda
Drogheda
Drogheda
País Flag of Ireland.svg Irlanda
Provincia Leinster
Xeografía
Altitude 1 msnm
Poboación
Poboación 30,393 hab.
Información
Código postal
Alcalde Richie Culhane [1]
Páxina web www.droghedaboro.ie

Drogheda (Droichead Átha en irlandés) é unha cidade da República de Irlanda, no leste do país na provincia de Leinster.


Demografía[editar | editar a fonte]

No ano 2011 tiña unha poboación de 30,393 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Fito conmemorativo dos 800 anos da cidade

O primeiro asentamento que houbo en Drogheda, e que está considerado como a fundación da cidade tivo lugar no 1194  Durante a rebelión irlandesa de 1641, Drogheda foi asediada polas tropas rebeldes contrarias á presenza dos ingleses. [2]

Entre o 3 e o 11 de setembro de 1649, durante a chamada Segunda Guerra Inglesa, que culminou coa caída e posterior decapitación do monarca Carlos I de Inglaterra, a cidade de Drogheda foi vítima do asedio das tropas do ditador, Oliver Cromwell invadiron a cidade e mataron preto de 3500 persoas no coñecido como asedio de Drogheda. Homes, militares e padres foron asasinados nunha acción que afectou as relacións entre ingleses e irlandeses por máis de 300 anos.[3]

Preto de Drogheda tivo lugar a batalla do Boyne no 1690 entre os partidarios do deposto rei Xacobe II e os partidarios de Guillerme III. Esta batalla foi decisiva no marco da guerra xacobita. [4]

Turismo[editar | editar a fonte]

Nas inmediacións da cidade, ao norte, están as ruínas do mosteiro Mainistir Bhuithe, onde é posible atopar tres cruces altas como mostra da influencia artística celta.

Na igrexa adicada a San Pedro atópase a cabeza incorrupta do arcebispo e mártir Oliver Plunkett[5]

Economía[editar | editar a fonte]

A economía en Drogheda, como a de moitas outras cidades da Irlanda, está mudando rapidamente. As vellas industrias baseadas en torno ao liño e téxtil, fabricación de cervexa, transporte e fabricación xa desapareceran ou están en declive. Nos últimos anos, o número de empresas reduciuse por mor da crise económica e Drogheda enfrontase a un aumento do desemprego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Drogheda