Dreta de l'Eixample

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Dreta de l'Eixample é un dos seis barrios do distrito do Eixample da cidade de Barcelona. Este barrio foi onde empezou a aplicación do plan de Ildefons Cerdà. Esténdese desde a rúa Balmes ata o paseo de Sant Joan e rúa de Nápoles.

Está composto por varios dos principais lugares de interese de Barcelona como a Plaça de Catalunya ou o Paseo de Gràcia, coa Pedrera e a Casa Batlló, entre outros.

Cando se iniciou a urbanización, construíronse casas unifamiliares con xardín, das que quedan xa poucas mostras. Despois das obras da Via Laietana, na Ciutat Vella, a burguesía comezou a ocupar o Eixample, encargando as construcións aos grandes arquitectos do momento.