Dreamtime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dreamtime
Álbum de The Cult
Publicado10 de setembro de 1984
Duración50:44 (con temas extra)
Xénero(s)post-punk, rock gótico
Selo(s)Beggars Banquet Records
Producido porJohn Brand, Chris Kimsey
Cronoloxía
Death Cult Dreamtime Love

Dreamtime é o álbum de estrea da banda inglesa de rock The Cult, publicado o 10 de setembro de 1984 a través do selo Beggars Banquet Records. Acadou o número 2 no Reino Unido e sería certificado prata pola BPI tras vender 60.000 copias. O primeiro sinxelo, "Spiritwalker", foi número 1 na lista indie británica. Posteriormente Dreamtime foi reeditado nuns 30 países de todo o mundo.

As letras da canción "Horse Nation" están collidas case textualmente do libro Bury My Heart at Wounded Knee. "Spiritwalker" é unha referencia ao xamanismo, mentres que "Dreamtime" está inspirada polos aborixes australianos e "Butterflies" fai referencia ó baile cerimonial Hopi das bolboretas. "A Flower in the Desert" é unha reelaboración do tema de Southern Death Cult "Flowers in the Forest".

O disco inicialmente estaba a ser producido por Joe Julian, pero despois de gravas as baterías a banda decidiu sustituílo, e Beggars Banquet suxeríu a John Brand. Finalmete o traballo sería producido por Brand, pero o guitarrista Billy Duffy dixo que as pistas de batería usadas no álbum foron as que se gravaron con Julian, xa que o batería do grupo, Nigel Preston, fixérase pouco fiable nese tempo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Ian Astbury e Billy Duffy, agás onde se indique.

Cara 1
  1. "Horse Nation" – 3:45
  2. "Spiritwalker" – 3:39
  3. "83rd Dream" – 3:38
  4. "Butterflies" – 3:00
  5. "Go West (Crazy Spinning Circles)" – 3:59
Cara 2
  1. "Gimmick" – 3:33
  2. "A Flower in the Desert" (Ian Astbury, Barry Jepson, David Burroughs, Haq Qureshi) – 3:42
  3. "Dreamtime" – 2:47
  4. "Rider in the Snow" – 3:11
  5. "Bad Medicine Waltz" – 5:55

Temas extra do CD[editar | editar a fonte]

  1. "Bone Bag" – 3:47
  2. "Sea and Sky" – 3:32
  3. "Ressurection Joe" – 6:07
  4. "Love Removal Machine" ("Peace" version) (só en Rusia e o leste de Europa)
  5. "Zap City" (só en Rusia e o leste de Europa)