Dragoş

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dragoş (Drágfi de Béltek) foi un voivoda de Maramureş quen gobernou en terras da Moldavia medieval entre 1351 e 1353. Deixou a provincia de Maramureş ás ordes do rei de Hungría Luís I, para establecer unha liña de defensa en contra da Horda de Ouro. A campaña obrigou aos mongois a retirarse cara ao leste do Nistru. Dragoş foi sucedido polo seu fillo Sas (1354-1358). Sas foi sucedido polo seu fillo Bâlc en 1359, quen só conseguiu gobernar por un ano, ao ser destronado por outro voivoda de Maramureş, Bogdan, rematando deste xeito a liñaxe de Dragoş.