Dourados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Dourados
BandeiraDourados.png BrasaoDourados.png
Estado Mato Groso do Sur
Superficie 4086,4 km²
Poboación
Densidade
182 747 (2007)
44,72 hab./km²
Latitude 22° 13' 16 S
Lonxitude 54° 48' 20 O
Altitude 430 msnm
Distancia de Campo Grande 225 km
Código postal (CEP) 79800-000
Administración local Prefeitura Municipal de Dourados - Rua João Rosa Goes, 395
Internet http://www.dourados.ms.gov.br
Alcalde (Prefeito) Laerte Tetila (PT)
Mapa da cidade en Mato Groso do Sur
MatoGrossodoSul Municip Dourados.svg

Dourados é unha cidade do estado brasileiro de Mato Groso do Sur situada a 225 km ao sur de súa capital, Campo Grande.

As súas principais actividades económicas son a agricultura e a creación de animais: é o principal produtor de millo e mel de abella do estado, e o segundo en produción de soia, feixón, en granxas de porcos, polos e galiñas. Tamén produce ovos, trigo, leite, e ten criadeiros de verme da seda. As industrias locais son principalmente de transformación de produtos agropecuarios, sobre todo alimentos, como a FRANGOSUL.

Zona rural de Dourados, coa a cidade no horizonte.

Dourados non ten moitos atractivos turísticos naturais. Aínda así, posúe 32 hoteis para recibir os visitantes atraídos pola súa exposición agropecuaria (EXPOAGRO), ou polos eventos científicos da súa universidade, ou tamén polo Campionato Brasileiro de Motocross, ou mesmo que a utilizan como escala en viaxes ata Pedro Juan Caballero, no Paraguai, ou para o turismo de negocios (comerciantes que se dirixen á rexión para comprar produtos agropecuarios e pernoitan na cidade). Polo seu tamaño, a cidade funciona tamén como un pólo de comercio e servizos para municipios veciños.