Doris Leuthard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doris Leuthard
Doris Leuthard, 2010.jpg
Doris Leuthard
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 10 de abril de 1963
Lugar: Merenschwand (AG), SuízaFlag of Switzerland.svg
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogada
Relixión: {{{relixón}}}
Sinatura: {{{sinatura}}}
Sitio web: {{{web}}}

Doris Leuthard é unha política suíza, membro do Partido Popular Cristián Demócrata. Nada o 10 de abril de 1963 en Merenschwand no cantón de Argovia, é tamén orixinaria da comuna de Sarnen no cantón de Obwalden. Foi elixida como conselleira federal o 14 de xuño de 2006. O seu mandato comezou oficialmente o 1 de agosto do mesmo ano.

Índice

[editar] Estudos

Doris fai os seus estudos primarios e secundarios nas localidades de Merenschwanden e Muri. Os estudos ximnasiais (medios) fíxoos na cidade de Wohlen no cantón de Argovia.

Realiza estudos de dereito na Universidade de Zúric e obtén a licenza para exercer a avogacía no cantón de Argovia en 1991.

[editar] Carreira profesional

A partir de 1989 Doris comeza a traballar nun estudo de avogados. Dous anos máis tarde obtén a súa patente para exercer como avogada; a partir dese momento, Doris asóciase co estudo de avogados Fricker-Leuthard implantado en Wohlen e Muri.

Durante os anos 1990 entra a formar parte de varios consellos de fundacións e administracións. Entre algúns atópanse a Compañía eléctrica de Laufenburgo (Elektrizitätsgesellschaft Laufenburg) e o Novo Banco Argoviano (Neue Argauer Bank). Tamén estivo á fronte das Universidades populares de Argovia.


[editar] Carreira política

Foi membro do Consello escolar de Muri (Argovia) de 1993 ao 2000. Igualmente de 1996 a 1997 foi membro das autoridades de conciliación en materia de dereito de arrendamento.

De 1997 ata 2000 foi membro do Gran Consello de Argovia. En 1999 é elixida para o Consello Nacional suízo, no cal se interesa nas comisións de economía e rendementos, así como a comisión de asuntos xurídicos.

Vicepresidenta do Partido Popular Cristián Demócrata desde 2001 ata 2004, data na cal se converte en presidenta do mesmo.

O 14 de xuño de 2006 Doris Leuthard é elixida Conselleira federal en substitución de Joseph Deiss quen renunciou ao seu cargo. A elección levouse a cabo na Asemblea federal, Doris foi elixida na primeira volta por 133 votos dun total de 234 votos válidos (240 posibles).

[editar] Conselleira de Economía

Desde 1 de agosto de 2006, Doris Leuthard é a encargada do Departamento Federal de Economía (DFE).

Doris Leuthard é favorable á revisión da lei do asilo e á construción de novas centrais nucleares en Suíza. Oponse á privatización da compañía nacional de telecomunicacións (Swisscom) así como á adhesión de Suíza á Unión Europea. O 10 de decembro de 2008 foi elixida por 173 votos como Vicepresidenta da Confederación Suíza.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas